Excelente servizo. O asesoramento que ofrecen é de 10 cunha execución moi profesional. Completamente recomendables.
Pásate ao autoconsumo
fotovoltaico con bomba de calor e
esquece a túa factura eléctrica
O teu sistema de bomba de calor combinado con fotovoltaica para autoconsumo por só 95€/mes
* Importe a pagar dentro dun préstamo hipotecario a 25 anos calculado en base á diferenza de prezo existente entre un sistema tradicional fronte á proposta Energanova con bomba de calor geotérmica, chan radiante- refrescante, ventilación con recuperación de calor e todo iso combinado cun sistema fotovoltaico de autoconsumo.
Esquece a túa factura de calefacción, refrixeración, auga quente e electricidade co noso
Sistema IntegraNova HOME
A bomba de calor apenas consome electricidade para producir calor, frío e auga quente. En torno ao 80% da enerxía que utiliza obtena gratis do medio ambiente.
Ao utilizar unha bomba de calor conseguimos que tódolos consumos da vivenda sexan eléctricos. Cun sistema de autoconsumo fotovoltaico xeramos a enerxía necesaria tanto para a bomba de calor como os demáis dispositivos eléctricos.
O sistema de emisión condiciona o consumo e confort na túa vivenda. Nós deseñámolo para que te sintas a gusto na túa casa, conseguindo o mellor rendemento da bomba de calor..
Goza de aire limpo e saudable na túa vivenda sen que afecte ó consumo enerxético. Renóvao de maneira continua e automática.
Para conseguir aproveitar mellor a enerxía integramos todos os compoñentes: bomba de calor, fotovoltaica, sistemas de emisión e ventilación. O sistema adapta o seu funcionamento ás necesidades do momento e a diferentes variables como a predición meteorolóxica, produción fotovoltaica, custo horario da enerxía, orientación das estancias, etc.
Somos especialistas na combinación
de autoconsumo fotovoltaico con bomba de calor
Se queres esquecer a túa factura enerxética, pero renunciar ao confort non é unha opción, xuntos imos atopar a mellor solución. Tras máis de 15 anos de experiencia, temos comprobado que as instalacións de autoconsumo fotovoltaico con bomba de calor son a mellor alternativa no 98% dos casos. Non obstante, sabemos que non existen as solucións ideais. Cada proxecto é distinto. Cada cliente ten as súas necesidades concretas. Por iso, se queres a nosa axuda, farémosche un estudo personalizado totalmente gratis.
Nalgunhas cousas, somos diferentes
Cando visitas moitas páxinas web, todo semella o mesmo. As mesmas promesas. Solucións moi similares. Empresas case iguais.
Nós non imos dicirche que somos mellores ca ningunha outra empresa. O que si podemos é amosarche algunhas das cousas que nos fan distintos.
Dende fai anos vimos mantendo unha aposta firme: a combinación de bomba de calor con autoconsumo fotovoltaico. Fomos dos primeiros en facelo. Hoxe somos a empresa instaladora con máis experiencia na integración de ámbolos dous sistemas.
Confiamos nos sistemas que instalamos. Esta confianza permítenos ofrecer unha garantía de 5 anos en calquera compoñente, incluíndo a man de obra, desprazamento e recambios. Ademais, ofrecemos 10 anos de garantía nos compresores da bomba de calor e 25 anos de garantía total nos paneis fotovoltaicos.
A miúdo, a xestión de excedentes complícase. Non nas nosas instalacións. Nós asesorarémosche sobre aquelas compañías comercializadoras que ofrecen mellores condicións e subministran enerxía de orixe 100% renovable. Ademais, se queres, realizaremos todos os trámites para a compensación de excedentes por ti, de xeito completamente gratuíto.
Contamos con persoal propio para realizar as nosas instalacións. Os nosos instaladores son profesionais con experiencia. Ademais, reciben formación específica de todos os sistemas cos que traballamos.
Informámosche das diferentes axudas e subvencións dispoñibles para a túa instalación. Se estás interesado nalgunha, nós tramitaremos a solicitude. Levamos moitos anos facéndoo. Por iso, e tras máis de 400 subvencións xestionadas en toda España, temos unha porcentaxe de éxito arredor do 100%
Dispoñemos do noso propio departamento de enxeñaría para a planificación e execución das nosas instalacións, así como para a colaboración con arquitectos, promotores, etc.
Descobre como traballamos
Todo este proceso permítenos ofrecer un
rendemento global da instalación 100% garantizado
Realizamos unha auditoría e un estudo enerxético da túa vivenda ou proxecto
Presentámosche a nosa proposta técnica e económica
Informámosche das subvencións e axudas existentes e tramitámolas por ti
Facilitámosche o financiamento necesario para o teu proxecto, se así o precisas
Coordinamos co teu arquitecto e empresa construtora os detalles para unha correcta planificación da obra
O noso propio equipo técnico encárgase da instalación e posta en marcha
Facemos un seguimento remoto e mantemento da instalación
Podemos axudarche se te atopas en calquera destas situacións
Vivenda nova?
Estás a construír ou tes pensado construír a túa vivenda. Gustaríache gozar dunha temperatura agradable tanto no verán coma no inverno, sen estar pendente da factura. Buscas a mellor solución para hoxe e sempre.
Mellora enerxética?
Queres renovar o teu vello sistema de calefacción. Buscas reducir o gasto enerxético sen renunciar ao confort. Estás disposto a investir nun sistema máis moderno, sempre que dito investimento sexa amortizado co aforro xerado.
Es un arquitecto?
Podemos axudarche co teu proxecto sen custo algún para ti. Buscaremos a mellor solución para o teu cliente. Cando a teñamos, o noso departamento de enxeñaría facilitarache o cálculo, deseño e xustificación do proxecto.
Buscas o mellor sistema enerxético para a túa vivenda?
Nós podemos axudarche a atopar a mellor solución
A mellor enerxía é a que transmiten os nosos clientes
- Todos
- Aforro
- Fiabilidade
- Profesionalidade
- Velocidade
Só temos boas palabras en referencia á solución aportada por Energanova. No noso caso, aerotermia e paneis solares. Por fin, a nosa casa está quente en inverno e fresca no verán, cun custo mensual moi por debaixo do que ata onte viñamos pagando. Recomendo encarecidamente a Energanova para unha solución adecuada ás vosas necesidades.
Realicei con Energanova unha instalación xeotérmica con fotovoltaica e estamos moi satisfeitos tanto coa execución coma cós consumos. Sobre todo, agora que a electricidade está polas nubes e nós pagamos 20€ ao mes. Empresa aconsellable 100% en tódolos aspectos.
Pincheiro AT, o noso complexo de apartamentos en A Pobra do Caramiñal, apostaba polas enerxías renovables, especialmente xeotermia e fotovoltaica. Podemos certificar que Energanova cumpriu enormemente todas as nosas expectativas. Constatar, e isto é difícil, a honestidade desta empresa, xa que o presupostado corresponde exactamente co que nos facturaron. Só cabe dicir por parte de Pincheiro AT que nos sentimos en boas mans tanto polo realizado en obra coma polo seguimento puntual que teñen feito ata o de agora e que seguen a facer.
A xeotermia instalada máis placas fotovoltaicas, todo un acerto. O confort e consumo enerxético que nos garantiron cumpriuse, e malia a nosa desconfianza inicial cara este tipo de enerxías renovables, agora só podemos dicir que as recomendamos 100%.
Excelente: gran profesionalidade, tanto no traballo administrativo para conseguir permisos e subvencións, como no técnico para instalar os equipos. Sempre pendentes ademais do funcionamento correcto da instalación, e de calquera incidencia.
Moi satisfeito con esta empresa. Asesoráronme e informáronme durante todo o proxecto dunha maneira moi profesional, son moi bos tecnicamente e nótase que teñen moita experiencia. Esteticamente coidaron ata do último detalle para que a instalación quedase integrada na vivenda e os cables o máis disimulados posible. Tiven outras propostas ao principio máis económicas, pero ao final ata me conseguiron unha subvención que cubriu unha boa parte do presuposto. En resumen, ENERGANOVA 100% aconsellable
Rápida resposta e excelentes profesionais, recomendados sen dúbida
Excelente empresa. Contactamos con eles e rapidamente se desprazan á túa vivenda para ver cal é a instalación idónea para a mesma, resolvendo calquera tipo de dúbida que poidas ter. Mellores prezos que se a comparas con outras empresas de enerxías renovables. Instalación rápida e ben executada. No meu caso pedín a subvención ao Inega, e como son unha empresa instaladora autorizada, eles encárganse de todo e son os primeiros en conseguila para que non quedes sen ela. Se tivera que facer calquera instalación contactaría con eles sen dúbida.
A empresa funciona ben, ofrecen distintas alternativas despois de estudar a túa problemática, respondendo e aclarando todas as dúbidas que poidas ter. Resposta rápida e eficiente, bos profesionais e una adecuada documentación e información sobre o funcionamento da instalación. Ocúpanse de toda a tramitación administrativa incluídas as subvencións. Moi satisfeitos!
Excelente calidade prezo. A instalación que nos puxeron saíu máis que rendible, economicamente e en confort na casa!
Logo de querer investir en fotovoltaica, púxeme a buscar en internet empresas que puidesen darme presupostos, ata que atopei Energanova. Dende o principio, Javier atendeume coma un cliente desexa ser atendido, con paciencia e respecto, pois non todo o mundo sabe o que é un panel solar, un inversor, etc. Energanova paga a pena, son de confianza. Grazas.
Dende fai uns meses contamos na casa cun sistema de aerotermia e fotovoltaica instalado pola empresa Energanova. Sobre os aforros, ata o momento baixounos a factura da luz nun 70% e xa non temos que encargar máis gasóleo!! Se alguén se anima a instalar renovables, recoméndolle que busque unha empresa profesional. Nós estamos moi contentos coa nosa escolla
Traballei con Energanova na rehabilitación dunha vivenda e estou moi contenta coa miña escolla. É unha empresa achegada e profesional. Contan cun gran equipo que explica detalladamente tanto ó arquitecto, arquitecto técnico e construtor como á propiedade as prestacións de todo antes, durante e despois da obra. Moi aconsellable!
Gran servizo posvenda e moi rápido!!
Excelente experiencia con Energanova. Cumpriron cos prazos, todo o persoal foi moi profesional, o traballo for limpo e moi rápido tanto para a xeotermia como para as placas fotovoltaicas. Nós solicitamos as axudas da Xunta e eles encargáronse de xestionalo por completo. Encantados de telos escollido, tanto polo trato como polo resultado da instalación.
Boa experiencia, bo traballo, cumprindo cos prazos e todo funcionando á corrección. Moi contentos e aínda máis agora coa suba da luz! Tamén nos facilitaron o monótono proceso das axudas á Xunta. Animo á xente a escoller esta empresa! Boaa elección
Bos profesionais e moi áxiles. Instalei unha fotovoltaica con eles e estou encantado.
Podo dicir que se trata dunha empresa na que en todo momento tanto o asesoramento técnico, coma o trato profesional foi acorde ás miñas necesidades. Simplemente dicir que se estades pensando en instalar unha calefacción/clima non dubidedes en tomalos como opción, porque sen dúbida trátase dunha empresa solvente e seria, o cal nos tempos que corren moitas veces é complicado de atopar. Grazas Energanova!
Energanova é unha empresa seria, que en todo momento nos explicou e axudou en todo o relacionado coa instalación fotovoltaica. E a instalación quedou perfecta, buscaron solucións específicas para un espazo moi reducido. 100% aconsellables.
Colaboramos dende fai tempo coa empresa Energanova, para todos os nosos proxectos, tanto de xeotermia coma de aerotermia con fotovoltaica. En cada traballo que executan, amosan experiencia, profesionalidade e seriedade, dende a redacción inicial do proxecto ata a instalación final. Teñen un grande equipo técnico e comercial que asesora en cada unha das fases cara a mellor solución enerxética, trasladando sempre o seu amplo coñecemento. Traballan coas mellores marcas e coidan moito do deseño e da estética. Seguiremos colaborando con eles e por suposto recomendándoos a cada persoa ou empresa que necesite levar a cabo calquera instalación de enerxías renovables.
Fixen a climatización da miña vivenda con bomba de calor xeotérmica (iDM), chan radiante e paneis fotovoltaicos con Energanova. Estamos moi contentos co resultado. Como empresa son moi serios e profesionais, souberon aconsellarme en todo momento. Con esta instalación a vivenda é moi confortable e o consumo é moi reducido. É unha empresa 100% aconsellable.
Puxémonos en contacto con Energanova porque queríamos cambiar a nosa vella caldeira de gas por un sistema máis eficiente e respectuoso co medio ambiente. Nótase que son especialistas neste tipo de traballos, xa que demostraron ser moi profesionais en todo momento.
Quedamos encantados coa instalación. Queríamos uns emisores térmicos para a casa no pobo e todo saíu perfecto, funcionan moi ben. A instalación foi moi sinxela e rápida. Cumprindo á perfección co que nos ofertaron. Moi profesionais e atentos. Volveremos traballar con eles.
Grandes profesionais, puntuais, minuciosos co traballo e moi serios. Volverei contratalos para outro proxecto. Grazas.
Asesoráronme e informáronme durante todo o proxecto dun xeito moi profesional, axudándome tamén na xestión da subvención. Atención personalizada e seguimento despois da instalación para obter o máximo aproveitamento da mesma. Creo que é a forma de pasármonos ás enerxías renovables, superando o estrés e as inseguridades que poidamos ter. ENERGANOVA 100% recomendable!!!!
Grande empresa e rapidez na instalación, renovamos a nosa antiga máquina de xeotermia por unha das mellores no mercado. O aforro é impresionante e a factura da luz caeu radicalmente, pero para min o mellor é a atención posvenda, aténdente en calquera momento as dúbidas tanto telefónicas como presenciais. Un 10 para vós.
Vou contar a miña experiencia con esta empresa de enerxías renovables. Antes que nada, teño que dicir que sempre me teño considerado una persoa “difícil” como cliente, que esixe seriedade e profesionalidade en todos os servizos que contrata e en especial para a miña vivenda. Pois ben, teño que dicir que nesta ocasión a miña satisfacción é máxima e quero dar os meus parabéns a través deste comentario a todo o equipo de Energanova pola súa profesionalidade. Non é fácil atopar hoxe en día empresas que fagan as cousas ben, e teño que dicirvos que esta empresa fainas moi ben.
Moi profesionais!
Por fin, unha empresa que da o que me ofrecera, é difícil…, pero se ao final atopas unha empresa así, con grandes profesionais, o resultado é moi satisfactorio.
Excelente trato, grande profesionalidade e un equipo dedicado a buscar as mellores solucións, tanto técnicas coma económicas para o cliente.

Descobre cando podes aforrar cun sistema de autoconsumo fotovoltaico con bomba de calor
Sen investimento inicial, pagaralo co aforro xerado