Excelente servizo. O asesoramento que ofrecen é de 10 cunha execución moi profesional. Completamente recomendables.
Que é o chan radiante?
O chan radiante é o sistema de emisión máis eficiente e o máis recomendable para combinar con bomba de calor
Chan radiante/Refrescante
Trátase dun sistema invisible, consiste nunha rede de tubaxes instaladas baixo o pavimento, polas que circula a auga quente ou fría en función das necesidades térmicas.
A temperatura distribúese de xeito uniforme en todos os espazos da vivenda. Así, conseguimos alcanzar unha temperatura ambiente confortable cun menor custo de funcionamento.
Tipos de chan radiante
- CON MORTEIRO
- SEN MORTEIRO
Na maioría das instalacións este elemento é o morteiro, que consiste nunha especie de cemento que cobre e envolve ás tubaxes. Sobre este cemento sitúase o revestimento final do chan, que pode ser madeira, cerámica, pedra, etc.
Este morteiro debe ter un espesor duns 5cm.
O chan radiante seco consta dunha capa de paneis illantes sobre a que se coloca unha rede de tubaxes. Sobre eles colócase unha lámina metálica de adoita ser de aceiro ou de aluminio. Esta lámina é a que actúa como elemento condutor. Sobre esta lámina xa podemos colocar o revestimento final do chan, que pode ser madeira, cerámica, pedra, etc.
Compoñentes do chan radiante
CON MORTEIRO
O panel illante é a base sobre a que se colocan os circuítos de tubaxes. Actúa como un illamento térmico e acústico. Ademais, serve de guía para a colocación das tubaxes.
Trátase de tubaxes plásticas que transportan a auga ao longo da superficie que se vai climatizar (calefacción/refrixeración).
Banda de espuma que funciona como illamento lateral para o bordo das placas e asegura a separación entre o chan radiante e as paredes. O seu obxectivo é evitar as pontes térmicas, absorbendo as posibles dilatacións do chan.
Capa de cemento que sobre todos os elementos da instalación de chan radiante, sobre a que se coloca o revestimento final do chan (madeira, plaqueta, etc.).
Son os encargados de distribuír o caudal de auga necesario a cada un dos circuítos en función da demanda.
Son elementos necesarios para o control da temperatura de cada unha das estancias (termóstatos, sondas, etc.).
Sin morteIro
O panel illante é a base sobre a que se colocan os circuítos de tubaxes. Actúa como un illamento térmico e acústico. Ademais, serve de guía para a colocación das tubaxes.
Trátase de tubaxes plásticas que transportan a auga ao longo da superficie que se vai climatizar (calefacción/refrixeración).
Banda de espuma que funciona como illamento lateral para o bordo das placas e asegura a separación entre o chan radiante e as paredes. O seu obxectivo é evitar as pontes térmicas, absorbendo as posibles dilatacións do chan.
É un elemento metálico que en contacto coas tubaxes transmite a calor cara a superficie da estancia.
Son os encargados de distribuír o caudal de auga necesario a cada un dos circuítos en función da demanda.
Son elementos necesarios para o control da temperatura de cada unha das estancias (termóstatos, sondas, etc.).
Como funciona o chan radiante/ refrescante?
- MODO CALEFACCIÓN
- MODO REFRIXERACIÓN
Cando o sistema funciona en modo calefacción, a auga quente circula a baixa temperatura (28-38ºC) polo circuíto de tubaxes. A calor cédese ao ambiente a través da capa de morteiro e do pavimento. Deste xeito, conséguese quentar a vivenda de forma homoxénea e cun baixo consumo.
Cando un sistema de chan radiante funciona en modo refrixeración, faise circular a auga polas tubaxes a unha temperatura de 13-18ºC. Deste xeito, absórbese o exceso de calor da estancia e redúcese a temperatura ata lograr unha sensación de confort.
Vantaxes do chan radiante
Ao traballar con auga que circula a unha temperatura moderada, xérase un importante aforro.
Ao atoparse baixo o pavimento, é un sistema de emisión que non se ve. Gañas espazo e non estás condicionado para colocar os teus mobles.
Elimínanse os focos de frío e calor na vivenda. A sensación de confort é homoxénea en toda a casa.
El hecho de que el calor se distribuya desde abajo hacia arriba hace que la sensación térmica sea agradable.
Aínda que o seu uso máis habitual é o de calefacción, o chan radiante tamén se pode empregar para refrixerar a vivenda ao facer circular auga fría no lugar de auga quente.
Pódese empregar con diferentes tipos de revestimento, incluída a madeira.
A regulación da temperatura en cada estancia pódese controlar de xeito individual mediante un termóstato ambiente colocado en cada unha das estancias.
Non se xeran correntes de aire, co que se mellora o grao de confort e se evita a acumulación de po.
Podemos axudarche se te atopas en calquera destas situacións
Vivenda nova?
Estás a construír ou tes pensado construír a túa vivenda. Gustaríache gozar dunha temperatura agradable tanto no verán coma no inverno, sen estar pendente da factura. Buscas a mellor solución para hoxe e sempre.
Mellora enerxética?
Queres renovar o teu vello sistema de calefacción. Buscas reducir o gasto enerxético sen renunciar ao confort. Estás disposto a investir nun sistema máis moderno, sempre que dito investimento sexa amortizado co aforro xerado.
Es un arquitecto?
Podemos axudarche co teu proxecto sen custo algún para ti. Buscaremos a mellor solución para o teu cliente. Cando a teñamos, o noso departamento de enxeñaría facilitarache o cálculo, deseño e xustificación do proxecto.
Canto custa o chan radiante?
O chan radiante converteuse no sistema de emisión máis demandado en vivendas de nova construción.
Isto fai que haxa un grande interese por coñecer cal é o prezo dunha instalación de chan radiante.
O prezo dunha instalación de chan radiante adoita ser lixeiramente superior a outros sistemas de emisión. Non obstante, ten uns beneficios que xustifican este prezo máis elevado. Ademais de proporcionar un maior confort, presenta un menor consumo. Isto fai que ese investimento se amortice nun prazo de tempo reducido.
Guía de prezos do chan radiante
Para axudarche a ter ter máis claridade acerca do prezo do chan radiante creamos esta sinxela guía.
O prezo por m2 instalado (sen morteiro) sitúase en torno aos 38-48€/m2 si só queremos calefacción, e arredor dos 40-48€ se queremos calefacción e refrixeración no verán.
Táboa de prezos indicativos en función do uso e da superficie.
200m2: 46€
500m2: 42€
1000m2: 38€
Táboa de prezos indicativos en función do uso e da superficie.
200m2: 48€
500m2: 44€
1000m2: 40€
Coñece as subvencións que actualmente están en vigor no noso país para a instalación de chan radiante.
- Axudas para o autoconsumo, almacenamento e sistemas térmicos con enerxías renovables (RD 477/2021)
Estas axudas aprobadas polo goberno en xuño do 2021 subvencionan a nova distribución interior de climatización, para a incorporación de chan radiante para proxectos de aerotermia e xeotermia, sempre que estes sistemas funcionen 100% con enerxía renovable: 600€/kW ata un máximo de 3.600€.
Estas axudas estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2023, pero como vén sucedendo nas últimas convocatorias, as subvencións son de concorrencia non competitiva, é dicir, tramitaranse por orde de entrada no rexistro e ata o esgotamento do crédito, por tanto, é importante presentar a subvención canto antes.
As datas de inicio para presentar as solicitudes varían dependendo das comunidades autónomas.
Estas son as comunidades autónomas que xa publicaron as súas datas:
- Rexión de Murcia: 3 de novembro 2021
- Comunidade de Andalucía: 2 de decembro 2021.
- Comunidade de Castela e León: 17 xaneiro 2021
- Comunidade Generalitat Valenciana: 29 de outubro do 2021.
- País Vasco: 11 de novembro 2021.
- Comunidade de Galicia
-
- 15 de decembro 2021 xeotermia.
- 16 de decembro 2021 aerotermia.
- Baleares: 20 de setembro 2021.
- Comunidade de Madrid: 16 de novembro 2021.
- Comunidade de Canarias: 29 de outubro 2021.
- Aragón: 13 de decembro 2021.
- Extremadura: 26 de xaneiro 2022.
- Principado de Asturias: 2 de xaneiro 2022.
- Cataluña: 2 de decembro 2021.
- Castilla la mancha: 22 de diciembre 2021.
- Navarra: 10 de novembro 2021.
Queres calcular ti mesmo o prezo do chan radiante para a túa vivenda?
Desenvolvemos a primeira calculadora que che permite estimar o investimento e o aforro do teu proxecto.