- Intercambiador
Un ventiloconvector consta basicamente dunha batería de intercambio térmico e dun ventilador. A batería recibe auga quente ou fría xerada por unha bomba de calor ou outro sistema de xeración térmica;
Que é un ventiloconvector?
Os ventiloconvectores son ideais para combinar cun sistema de bomba de calor (xeotermia ou aerotermia). Permiten traballar a baixa temperatura en modo calefacción e a alta temperatura en modo refrixeración de xeito eficiente e confortable.
Alcanzan rapidamente a temperatura desexada, e unha vez alcanzada, mantéñena cun mínimo consumo grazas ao efecto natural de convección.
A cada equipo chégalle unha tubaxe de ida e outra de retorno. Con este sistema unicamente se pode dar calefacción ou refrixeración, pero non ambas á vez.
A cada equipo chégalle unha tubaxe de ida e outra de retorno para calefacción, e outro par de tubaxes de ida/retorno para refrixeración. Con este sistema pode proporcionar calefacción e refrixeración de xeito simultáneo, en función da demanda de cada estancia.
Instálanse na parede de modo equivalente a un radiador.
Intégranse completamente co chan deixando á vista unha reixa que pode ser de diferentes acabados.
Instalado na parte alta da parede, ancorado ó teito ou encaixado no falso teito.
Instalación no falso teito.
Instalado no falso teito, un único equipo distribúe o aire ás distintas estancias a través dunha rede de condutos (por falso teito ou vistas).
Son equipos moi eficientes, que poden traballar a baixa temperatura. Combinados con bomba de calor, presentan un importante aforro con respecto a outros sistemas de climatización.
Alcanzan rapidamente a temperatura de confort, e a manteñen de xeito natural por convección, cun mínimo consumo.
Grazas ao filtro que incorporan, depuran o aire de po, ácaros e bacterias.
O mantemento é sinxelo porque non hai que recargar o gas refrixerante (empregar auga en lugar de gas refrixerante)
Aportan unha solución para cubrir a demanda tanto de calefacción como de refrixeración e deshumectación.
Empregan auga como fluído caloportador, polo que a instalación hidráulica é moito máis sinxela que a instalación con gas refrixerante que usan os sistemas aire-aire.
Só empregan auga, o cal os converte en quipos totalmente ecolóxicos, sen emisións contaminantes.
Grazas á gran variedade de modelos e diferentes posibilidades de instalación, adáptanse a calquera espazo e ambiente.
A regulación da temperatura en cada estancia pódese facer a través dun termóstato integrado no mesmo equipo ou mediante un termóstato ambiente.
Pódese empregar como sistema de apoio para quentar/refrixerar a vivenda de forma rápida, combinado con sistemas coma o chan radiante, que tarda máis en facelo e ten algunhas limitacións (en refrixeración).
A climatización mediante ventiloconvectores xera de forma case inmediata un alto confort térmico, de xeito silencioso, sen molestos chorros de aire.
Estás a construír ou tes pensado construír a túa vivenda. Gustaríache gozar dunha temperatura agradable tanto no verán coma no inverno, sen estar pendente da factura. Buscas a mellor solución para hoxe e sempre.
Queres renovar o teu vello sistema de calefacción. Buscas reducir o gasto enerxético sen renunciar ao confort. Estás disposto a investir nun sistema máis moderno, sempre que dito investimento sexa amortizado co aforro xerado.
Podemos axudarche co teu proxecto sen custo algún para ti. Buscaremos a mellor solución para o teu cliente. Cando a teñamos, o noso departamento de enxeñaría facilitarache o cálculo, deseño e xustificación do proxecto.
Como comentamos anteriormente, existe unha grande variedade de ventiloconvectores.
O que vai condicionar o tipo de equipo principalmente, é o lugar onde o imos instalar (parede, teito, incrustado no teito…). Outro factor fundamental é a potencia necesaria para cubrir a demanda de calefacción/refrixeración da estancia a climatizar. Ademais, hai unha grande variedade de marcas que ofrecen esta tecnoloxía, con diferentes calidades, accesorios, posibilidades de regulación, innovacións tecnolóxicas… Con isto, é fácil imaxinar que o abanico de prezos no cal nos movemos pode ser moi amplo.
Ademais, debemos ter en conta outros elementos da instalación que supoñen entre o 20% e o 40% do prezo total da instalación.
Aínda así, e de xeito indicativo, podemos facilitar esta táboa de prezos para ventiloconvectores nunha instalación a dous tubos (calefacción/refrixeración).
Para axudarte a ter maior claridade acerca do prezo dos ventiloconvectores para unha vivenda unifamiliar, creamos esta sinxela guía.
O prezo dos ventiloconvectores instalados na parede varía segundo a potencia:
O prezo dos ventiloconvectores instalados no teito varía segundo a potencia:
O prezo dos ventiloconvectores instalados no chan (canal) varía segundo a potencia:
O prezo dos ventiloconvectores de condutos varía segundo a potencia:
*Condutos de distribución non incluídos.
O prezo dos ventiloconvectores de cassette varía segundo a potencia:
Coñece as subvencións que actualmente están en vigor no noso país para a instalación de ventiloconvectores.
Estas axudas aprobadas polo goberno en xuño do 2021 subvencionan a nova distribución interior de climatización, para a incorporación de ventiloconvectores para proxectos de aerotermia e xeotermia, sempre que estes sistemas funcionen 100% con enerxía renovable: 550€/kW ata un máximo de 1.830€.
Estas axudas estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2023, pero como vén sucedendo nas últimas convocatorias, as subvencións son de concorrencia non competitiva, é dicir, tramitaranse por orde de entrada no rexistro e ata o esgotamento do crédito, por tanto, é importante presentar a subvención canto antes.
As datas de inicio para presentar as solicitudes varían dependendo das comunidades autónomas.
Estas son as comunidades autónomas que xa publicaron as súas datas:
Desenvolvemos a primeira calculadora que che permite estimar o investimento e o aforro do teu proxecto.