A empresa funciona ben, ofrecen distintas alternativas despois de estudar a túa problemática, respondendo e aclarando todas as dúbidas que poidas ter. Resposta rápida e eficiente, bos profesionais e una adecuada documentación e información sobre o funcionamento da instalación. Ocúpanse de toda a tramitación administrativa incluídas as subvencións. Moi satisfeitos!
Queres reducir ou eliminar os consumos
enerxéticos da túa vivenda?
Descubre como recortar ao máximo o teu gasto en calefacción, refrixeración, auga quente e electricidade sen renunciar ao confort.
Co financiamento Energanova o teu sistema de bomba de calor combinado con fotovoltaica para autoconsumo dende 0* ao mes
Suposto realizado con bomba de calor aerotérmica e un sistema fotovoltaico de autoconsumo sen baterías. Investimento de 20.000€ financiados a 8 anos sen ningún tipo de subvención
IntegraNova HOME
Un sistema de climatización integral que combina o autoconsumo fotovoltaico e a bomba de calor co teu sistema de emisión
Actualiza os sistemas enerxéticos da túa vivenda e aforra na factura.
Faino sendo máis autosuficiente e respectuoso co medio ambiente
En menos dunha semana, sen obras en tan só 4 pasos
A bomba de calor apenas consome electricidade para producir calor, frío e auga quente. En torno ao 80% da enerxía que utiliza obtena gratis do medio ambiente.
Gran parte da enerxía eléctrica que necesita a túa vivenda producímola cos paneis fotovoltaicos. Tamén para a bomba de calor.
Podes aproveitar o actual sistema de emisión da túa vivenda ou é posible que prefiras cambialo. Se é así, contamos con diferentes opcións para que elixas a que mellor se adapte á túa vivenda.
Para conseguir aproveitar mellor a enerxía integramos todos os compoñentes: bomba de calor, fotovoltaica e sistemas de emisión. O sistema adapta o seu funcionamento ás necesidades do momento e a diferentes variables como a predición meteorolóxica, produción fotovoltaica, custo horario da enerxía, orientación das estancias, etc.
Por que deberías cambiar a túa vella caldeira por un sistema de bomba de
calor combinada con autoconsumo fotovoltaico?
Porque estás farto dos inconvenientes dun vello sistema con caldeira e queres empezar a gozar dos beneficios dun sistema moderno, eficiente e renovable
Vello sistema de caldeira
Sempre pendente do nivel de combustible, chamar cada vez que se acaba, e o peor, descubrir que se acabou o día que máis o precisas!
Desembolsar de golpe unha gran cantidade de cartos para encher o depósito. E sempre toca facelo cando peor che vén.
A miúdo, as caldeiras instálanse no garaxe, sen saídas ao exterior. Así termina por haber un cheiro a refinería en toda a vivenda.
Acumular un combustible tóxico e inflamable na casa produce certa inseguridade. Aínda non ser altos os riscos, o perigo existe.
A produción de gasóleo e de gas vese afectada por intereses e decisións doutros países. Isto fai que os prezos sexan moi inestables.
A caldeira e o depósito ocupan bastante espazo. Seguro que se che ocorre un mellor uso para ese sitio.
Con calquera caldeira estás obrigado a facer un mantemento por seguridade. Ademais, se é e gas implica un custo fixo mensual.
Os sistemas de calefacción de gas e gasóleo son unha das maiores fontes de contaminación do medio ambiente.
IntegraNova HOME
Utilizar a enerxía gratuíta dispoñible no medio ambiente aportarache autosuficiencia enerxética. Apenas dependemos dun subministro externo.
A bomba de calor proporcionarache calefacción en inverno, refrixeración no verán e auga quente durante todo o ano. Non precisas nada máis.
A bomba de calor precisa dun pequeno consumo eléctrico para climatizar a vivenda. Se producimos esa enerxía con paneis fotovoltaicos o consumo será case nulo.
Investir nun sistema de enerxía renovable aportará un maior valor á túa vivenda.
As bombas de calor funcionan durante 20 ou 25 anos coa mesma eficiencia. O mesmo sucede cos paneis fotovoltaicos.
Unha casa adoita ser a nosa vivenda durante moitos anos. O noso planeta vai ser o noso fogar toda a vida. É bo para a túa carteira e bo para o planeta.
Existen distintas axudas e bonificacións para a xeotermia. Dende subvencións para a súa instalación, bonificacións do IBI ou deducións fiscais.
Trátase dunha tecnoloxía moi segura, sen combustión nin emisión de gases tóxicos nin contaminantes.
Sabes que existen subvencións que che axudan a reducir o investimento inicial?
Informámosche de tódalas subvencións existentes e tramitámolas por ti.
Renova o teu sistema enerxético e empeza a aforrar
Non é preciso agardar máis para substituír a túa vella caldeira por un sistema renovable e eficiente. A continuación explicámosche con números por qué é interesante
Sistema convencional
+ Caldeira de gas/ gasóleo
+ Consumo eléctrico da vivenda
Análise a 25 anos
0€ Inversión inicial
71.000€ gasto en calefacción (Gas/ Gasóleo)
48.000€ de gasto en electricidade vivenda
119.000 €
Sistema IntegraNova Home
+ Bomba de calor aerotérmica
+ Autoconsumo fotovoltaico
Análise a 25 anos
20.000€ de investimento inicial
32.000€ de gasto en calefacción (Aerotermia)
48.000€ de gasto en electricidade vivenda
30.000€ de aforro en electricidade sistema fotovoltaico
70.000 €
43% máis barato
Co sistema IntegraNova Home conseguirás un 43% de aforro
E, ademais, informarémosche das subvencións existentes e tramitámolas por ti
*Suposto realizado para unha vivenda en torno aos 200m2 na zona centro de España, cun incremento do custo da enerxía do 3% e nun período de 25 anos. No cálculo non se tivo en conta ningún tipo de subvención, bonificación ou dedución fiscal, que son habituais e mellorarían o % do aforro obtido.
Financiación Energanova*
*Financiamento calculada a 8 anos
Se o financias, o investimento pagarase co aforro xerado
O teu sistema de autoconsumo con bomba de calor por
0€/ mes
Investimento
Cota mensual do investimento
+230€
Aforro mensual da instalación
-230€
TOTAL
0€
*Suposto realizado para un investimento de 20.000€ financiados a 8 anos e sen ningún tipo de subvención.
QUERES CALCULAR TI MESMO O PREZO DO TEU NOVO SISTEMA ENERXÉTICO RENOVABLE?
Desenvolvemos a primeira calculadora que che permite estimar o investimento e o aforro do teu proxecto