Proxectos instalación bomba de calor, aerotermia, xeotermia

Como traballamos en Energanova?

En cada proxecto acompañamos aos nosos clientes durante todo o proceso, desde o deseño ata a execución e seguimento da instalación

Así é como traballamos en Energanova

En cada proxecto acompañamos aos nosos clientes durante todo o proceso, desde o deseño, en colaboración co seu arquitecto, ata a execución, mantemento e seguimento da instalación. Ademais, aportamos solucións de financiamento e tramitación de subvencións para cada unha das nosas instalacións.
Confiamos nos sistemas que instalamos. Esta confianza permítenos ofrecer unha garantía total de 5 anos en calquera compoñente, incluíndo man de obra, desprazamento e recambios. Tras máis de 15 anos de experiencia en integración de sistemas fotovoltaicos con bomba de calor, o noso maior éxito é contar cun gran número de clientes satisfeitos.