Cambio caldeira de gas por aerotermia con fotovoltaica - Energanova - Energías Renovables

Cambio caldeira de gas por aerotermia con fotovoltaica

Aerotermia
Calefacción
Refrixeración
AQS
Autoconsumo Fotovoltaico
Vivenda unifamilar 350 m2
Torrelodones (Madrid)
Cambio caldeira de gas por aerotermia con fotovoltaica
+ 4.400 €
Aforro anual
9 anos
Amortización
+ 132.000 €
Aforro de vida útil

O punto de partida

Pablo e Lorena son os propietarios dunha vivenda construída nos anos 90 situada en Torrelodones (Madrid), unha zona climática na que se alcanzan temperaturas moi baixas durante o inverno.

A vivenda, con 350 m2 de superficie calefactable, conta cun illamento medio. Todos estes factores fan que a demanda de calefacción sexa moi elevada, especialmente nos meses de inverno. Todos estes factores fan que a demanda de calefacción sexa moi elevada, especialmente nos meses de inverno.

A vivenda contaba cunha caldeira de gas natural e radiadores como sistema de calefacción. Ademais, dispoñía dun acumulador externo de AQS de 300 litros para a auga quente sanitaria.

Dúbidas e preferencias do cliente

Cando esta parella de Torrelodones se puxo en contacto connosco, comentáronnos que querían substituír o seu actual sistema de calefacción de caldeira de gas e radiadores. Estaban a buscar un sistema eficiente e renovable que lles permitira, ademais, arrefriar a vivenda no verán.

Levaban tempo informándose etiñan bastante claro cal era a mellor solución para a súa vivenda: un sistema de climatización de bomba de calor aerotérmica apoiado por paneis fotovoltaicoscombinado cun sistema de ventiloconvectores para poder dar frío e calor.

Esta solución encaixábanos perfectamente, xa quenós somos unha empresa especializada neste tipo de instalaciónsde bomba de calor con autoconsumo fotovoltaico. Así que lles preparamos unha proposta segundo as súas preferencias.

A nosa proposta

Desde Energanova recomendámoslle a instalación dun sistema de bomba de calor aerotérmica do fabricante austríaco iDM. Este equipo pareceunos o máis adecuado para a vivenda de Pablo e Lorena, xa que está deseñado para climas moi fríos. Ademais, estes equiposconseguen integrar o control do sistema de climatización e do sistema fotovoltaico. Desta maneira, lógrase unmaior aproveitamento da produción fotovoltaica, xa que se usan os excedentes eléctricos para acumulación térmica.

No que se refire á produción fotovoltaica, presentámoslle 2 propostas: unha de autoconsumo directo sen baterías e outra con acumulación en baterías de litio.

Pablo e Lorena tiñan claro que querían alcanzar un nivel de autosuficiencia enerxética moi elevado. Lograr eses niveis que eles buscaban só era posible se a instalación contaba cun kit fotovoltaico con baterías. Por iso, decantáronse por esta opción, a pesar de que o período de amortización dun sistema con baterías era superior ao sistema de autoconsumo directo (5-6 anos sen baterías fronte 8-9 anos con baterías)

Para esta parella madrileña resultaba prioritario ter unha maior independencia enerxética. Ademais, á hora de valorar o investimento, tiveron en conta que tanto a garantía como a vida útil dos equipos era moi superior ao período de retorno do investimento.

Como facemos con todos os nosos clientes, preparámoslles de forma gratuíta un completo estudo enerxético para axudarlles a tomar a decisión. Nel podían comprobar cal sería o investimento inicial e o consumo anual aproximado da instalación. Desta maneira, terían un valor moi aproximado do aforro xerado ano a ano con este novo sistema,respecto do que tiñan nese momento.

O sistema de autoconsumo con aerotermia e fotovoltaica que lle propuxemos permitiríalles cubrir o 100% das necesidades enerxéticas anuais para calefacción, refrixeración e AQS. Ademais, cubriría arredor dun 60% do consumo anual dos electrodomésticos, iluminación e demais equipos eléctricos.

Esta cobertura é unha media anual, xa que a porcentaxe varía moito ao longo do ano. Nos meses de maior radiación solar achégase ao 100%, mentres que durante o inverno estaría en torno ao 40%.

A decisión

Pablo e Lorena finalmente decantáronse pola instalación da bomba de calor aerotérmica do fabricante iDM, ventiloconvectores de alta eficiencia para dar frío e calor e un kit fotovoltaico de autoconsumo con baterías.

Unha vez tomada a decisión, e analizada en detalle a instalación existente, decidimos establecer 4 zonas de control independentes, que se xestionarían directamente desde a propia bomba de calor. Para facelo, colocamos varias sondas de temperatura e humidade vía radio nas diferentes zonas da vivenda.

Esta mellora da instalación, que non supuxo un custo adicional para os nosos clientes, permitiríalles regular de maneira independente a temperatura e os horarios das diferentes zonas da vivenda. Ao facelo, incrementarían o aforro, á vez que gozaban dun maior confort.

A instalación

Finalmente a instalación compúxose dos seguintes elementos:

Bomba de calor aerotérmica

Bomba de calor aerotérmica aire-auga do fabricante austríaco iDM modelo AL 24. Este equipo adáptase á perfección ás necesidades climáticas da zona, xa que mantén moi bos rendementos mesmo con temperaturas moi baixas.

Acumulador de AQS

Para a auga quente sanitaria (AQS) optamos por un acumulador de 400 litros marca Enertres modelo DPSA MAX-400 con serpentín de intercambio de grandes dimensións para lograr a máxima eficiencia da bomba de calor.

Depósito de inercia para calefacción e frío

Para a inercia de calefacción e frío instalamos un acumulador de 500 litrosmarca Enertres modelo DPI -800 F.

Ademais, instalamos un acumulador de 800 litros para o aproveitamento térmico dos excedentes fotovoltaicos.

A bomba de calor conta cun sistema de regulación Navigator 2.0, que integra unha función fotovoltaica. Esta función permite aproveitar os excedentes fotovoltaicos e acumular a enerxía en forma térmica no depósito de inercia tanto no verán coma no inverno. Se este excedente prodúcese no inverno, acumúlao en forma de auga quente para calefacción; mentres que se é producido no verán, acumúlase en forma de auga fría para refrixeración.

Este aproveitamento térmico dos excedentes fotovoltaicos é unha maneira moi efectiva de sacar un maior partido á instalación dos paneis fotovoltaicos e, por tanto, de convertela nun investimento máis rendible en calquera momento do ano.

Regulación e control

Para ter un maior control da instalación colocamos un sensor de humidade e temperatura nunha zona representativa da vivenda. O sistema de control Navigator Pro que integra o equipo iDM, permítenos variar a temperatura de impulsión en base á información que nos achega este sensor. Desta forma, garantimos o confort en toda a vivenda co mínimo custo enerxético.

Ademais, como cada un dos ventiloconvectores inclúe a súa propia regulación, podemos ter temperaturas diferentes en cada estancia tanto en modo calefacción como en modo frío.

A instalación tamén se pode regular en remoto e de maneira gratuíta a través da app do fabricante.

Autoconsumo fotovoltaico

A instalación de autoconsumo fotovoltaico consta dun kit fotovoltaico de 7,590 kW de potencia pico (22 paneis x 345 W) cun inversor híbrido Marca Kostal modelo Plenticore de 8kW e unha acumulación de 20 kWh en baterías de litio marca ByD.

Segundo os nosos estudos, estimamos que o potencial de produción fotovoltaica será de arredor de 10.000 kWh ao ano, o que supón unha capacidade de autoconsumo do 85%.

Segundo estes datos, de toda a produción fotovoltaica non teremos capacidade de consumir aproximadamente o 15%, xa que non haberá consumo suficiente na vivenda e as baterías estarán completamente cargadas. Isto é o que se coñece como excedentes fotovoltaicos. Cando se producen estes excedentes, a electricidade inxéctase directamente á rede e a cambio de facelo a compañía eléctrica compensará aos propietarios da instalación a razón de aproximadamente 0.05€/ kWh. Neste artigo resumimosas claves da normativa de Autoconsumo Fotovoltaico en España.

A mellor enerxía é a que transmiten os nosos clientes

  • Todos
  • Aforro
  • Fiabilidade
  • Profesionalidade
  • Velocidade
C

Podo dicir que se trata dunha empresa na que en todo momento tanto o asesoramento técnico, coma o trato profesional foi acorde ás miñas necesidades. Simplemente dicir que se estades pensando en instalar unha calefacción/clima non dubidedes en tomalos como opción, porque sen dúbida trátase dunha empresa solvente e seria, o cal nos tempos que corren moitas veces é complicado de atopar. Grazas Energanova!

César González
18 Xullo 2020
A

Realicei con Energanova unha instalación xeotérmica con fotovoltaica e estamos moi satisfeitos tanto coa execución coma cós consumos. Sobre todo, agora que a electricidade está polas nubes e nós pagamos 20€ ao mes. Empresa aconsellable 100% en tódolos aspectos.

Alejandra González
11 Setembro 2021
J

Excelente trato, grande profesionalidade e un equipo dedicado a buscar as mellores solucións, tanto técnicas coma económicas para o cliente.

José Luis Santamaría
05 Outubro 2021
Y

Bos profesionais e moi áxiles. Instalei unha fotovoltaica con eles e estou encantado.

Yago Lorenzo
19 Maio 2020
F

Energanova é unha empresa seria, que en todo momento nos explicou e axudou en todo o relacionado coa instalación fotovoltaica. E a instalación quedou perfecta, buscaron solucións específicas para un espazo moi reducido. 100% aconsellables.

Fernando Mejuto García
01 Xuño 2021
C

Rápida resposta e excelentes profesionais, recomendados sen dúbida

Cova Charlin Villanueva
01 Outubro 2021
J

Grandes profesionais, puntuais, minuciosos co traballo e moi serios. Volverei contratalos para outro proxecto. Grazas.

Jesús González
20 Agosto 2021
J

Pincheiro AT, o noso complexo de apartamentos en A Pobra do Caramiñal, apostaba polas enerxías renovables, especialmente xeotermia e fotovoltaica. Podemos certificar que Energanova cumpriu enormemente todas as nosas expectativas. Constatar, e isto é difícil, a honestidade desta empresa, xa que o presupostado corresponde exactamente co que nos facturaron. Só cabe dicir por parte de Pincheiro AT que nos sentimos en boas mans tanto polo realizado en obra coma polo seguimento puntual que teñen feito ata o de agora e que seguen a facer.

José Barroso Castro
02 Outubro 2021
M

A xeotermia instalada máis placas fotovoltaicas, todo un acerto. O confort e consumo enerxético que nos garantiron cumpriuse, e malia a nosa desconfianza inicial cara este tipo de enerxías renovables, agora só podemos dicir que as recomendamos 100%.

Marco Vaq
16 Marzo 2021
R

A empresa funciona ben, ofrecen distintas alternativas despois de estudar a túa problemática, respondendo e aclarando todas as dúbidas que poidas ter. Resposta rápida e eficiente, bos profesionais e una adecuada documentación e información sobre o funcionamento da instalación. Ocúpanse de toda a tramitación administrativa incluídas as subvencións. Moi satisfeitos!

Román Lago
17 Xullo 2020
S

Excelente empresa. Contactamos con eles e rapidamente se desprazan á túa vivenda para ver cal é a instalación idónea para a mesma, resolvendo calquera tipo de dúbida que poidas ter. Mellores prezos que se a comparas con outras empresas de enerxías renovables. Instalación rápida e ben executada. No meu caso pedín a subvención ao Inega, e como son unha empresa instaladora autorizada, eles encárganse de todo e son os primeiros en conseguila para que non quedes sen ela. Se tivera que facer calquera instalación contactaría con eles sen dúbida.

Sandra
07 Maio 2021
G

Excelente: gran profesionalidade, tanto no traballo administrativo para conseguir permisos e subvencións, como no técnico para instalar os equipos. Sempre pendentes ademais do funcionamento correcto da instalación, e de calquera incidencia.

Gabriel Gijarro
19 Febreiro 2021
V

Dende fai uns meses contamos na casa cun sistema de aerotermia e fotovoltaica instalado pola empresa Energanova. Sobre os aforros, ata o momento baixounos a factura da luz nun 70% e xa non temos que encargar máis gasóleo!! Se alguén se anima a instalar renovables, recoméndolle que busque unha empresa profesional. Nós estamos moi contentos coa nosa escolla

Victoria Pérez
08 Xaneiro 2021
A

Traballei con Energanova na rehabilitación dunha vivenda e estou moi contenta coa miña escolla. É unha empresa achegada e profesional. Contan cun gran equipo que explica detalladamente tanto ó arquitecto, arquitecto técnico e construtor como á propiedade as prestacións de todo antes, durante e despois da obra. Moi aconsellable!

Alba Balmaseda
23 Abril 2021
J

Por fin, unha empresa que da o que me ofrecera, é difícil…, pero se ao final atopas unha empresa así, con grandes profesionais, o resultado é moi satisfactorio.

José Antonio Sánchez González
15 Maio 2020
K

Excelente experiencia con Energanova. Cumpriron cos prazos, todo o persoal foi moi profesional, o traballo for limpo e moi rápido tanto para a xeotermia como para as placas fotovoltaicas. Nós solicitamos as axudas da Xunta e eles encargáronse de xestionalo por completo. Encantados de telos escollido, tanto polo trato como polo resultado da instalación.

Karla Álvarez
06 Outubro 2021
D

Fixen a climatización da miña vivenda con bomba de calor xeotérmica (iDM), chan radiante e paneis fotovoltaicos con Energanova. Estamos moi contentos co resultado. Como empresa son moi serios e profesionais, souberon aconsellarme en todo momento. Con esta instalación a vivenda é moi confortable e o consumo é moi reducido. É unha empresa 100% aconsellable.

Da Pereira
15 Setembro 2020
B

Vou contar a miña experiencia con esta empresa de enerxías renovables. Antes que nada, teño que dicir que sempre me teño considerado una persoa “difícil” como cliente, que esixe seriedade e profesionalidade en todos os servizos que contrata e en especial para a miña vivenda. Pois ben, teño que dicir que nesta ocasión a miña satisfacción é máxima e quero dar os meus parabéns a través deste comentario a todo o equipo de Energanova pola súa profesionalidade. Non é fácil atopar hoxe en día empresas que fagan as cousas ben, e teño que dicirvos que esta empresa fainas moi ben.

Begoña Romero
15 Febreiro 2021
P

Logo de querer investir en fotovoltaica, púxeme a buscar en internet empresas que puidesen darme presupostos, ata que atopei Energanova. Dende o principio, Javier atendeume coma un cliente desexa ser atendido, con paciencia e respecto, pois non todo o mundo sabe o que é un panel solar, un inversor, etc. Energanova paga a pena, son de confianza. Grazas.

Poery
13 Agosto 2020
P

Moi profesionais!

Proyectopía La vivienda modular a tu medida
25 Xullo 2021
C

Grande empresa e rapidez na instalación, renovamos a nosa antiga máquina de xeotermia por unha das mellores no mercado. O aforro é impresionante e a factura da luz caeu radicalmente, pero para min o mellor é a atención posvenda, aténdente en calquera momento as dúbidas tanto telefónicas como presenciais. Un 10 para vós.

Carlos Vallejo
03 Febreiro 2021
S

Boa experiencia, bo traballo, cumprindo cos prazos e todo funcionando á corrección. Moi contentos e aínda máis agora coa suba da luz! Tamén nos facilitaron o monótono proceso das axudas á Xunta. Animo á xente a escoller esta empresa! Boaa elección

Silvia Jenuario
27 Outubro 2021
A

Gran servizo posvenda e moi rápido!!

Alberto López
06 Marzo 2021
M

Só temos boas palabras en referencia á solución aportada por Energanova. No noso caso, aerotermia e paneis solares. Por fin, a nosa casa está quente en inverno e fresca no verán, cun custo mensual moi por debaixo do que ata onte viñamos pagando. Recomendo encarecidamente a Energanova para unha solución adecuada ás vosas necesidades.

Manuel Vera
06 Maio 2020
L

Colaboramos dende fai tempo coa empresa Energanova, para todos os nosos proxectos, tanto de xeotermia coma de aerotermia con fotovoltaica. En cada traballo que executan, amosan experiencia, profesionalidade e seriedade, dende a redacción inicial do proxecto ata a instalación final. Teñen un grande equipo técnico e comercial que asesora en cada unha das fases cara a mellor solución enerxética, trasladando sempre o seu amplo coñecemento. Traballan coas mellores marcas e coidan moito do deseño e da estética. Seguiremos colaborando con eles e por suposto recomendándoos a cada persoa ou empresa que necesite levar a cabo calquera instalación de enerxías renovables.

La I Desing
07 Outubro 2021
T

Excelente servizo. O asesoramento que ofrecen é de 10 cunha execución moi profesional. Completamente recomendables.

Tony Doval
23 Xuño 2021
M

Excelente calidade prezo. A instalación que nos puxeron saíu máis que rendible, economicamente e en confort na casa!

Marcos
21 Maio 2020
E

Quedamos encantados coa instalación. Queríamos uns emisores térmicos para a casa no pobo e todo saíu perfecto, funcionan moi ben. A instalación foi moi sinxela e rápida. Cumprindo á perfección co que nos ofertaron. Moi profesionais e atentos. Volveremos traballar con eles.

Esther Aguín Martínez
05 Agosto 2021
C

Puxémonos en contacto con Energanova porque queríamos cambiar a nosa vella caldeira de gas por un sistema máis eficiente e respectuoso co medio ambiente. Nótase que son especialistas neste tipo de traballos, xa que demostraron ser moi profesionais en todo momento.

Carlos Martín
19 Setembro 2020
M

Asesoráronme e informáronme durante todo o proxecto dun xeito moi profesional, axudándome tamén na xestión da subvención. Atención personalizada e seguimento despois da instalación para obter o máximo aproveitamento da mesma. Creo que é a forma de pasármonos ás enerxías renovables, superando o estrés e as inseguridades que poidamos ter. ENERGANOVA 100% recomendable!!!!

María Soliña Opera
05 Agosto 2020
P

Moi satisfeito con esta empresa. Asesoráronme e informáronme durante todo o proxecto dunha maneira moi profesional, son moi bos tecnicamente e nótase que teñen moita experiencia. Esteticamente coidaron ata do último detalle para que a instalación quedase integrada na vivenda e os cables o máis disimulados posible. Tiven outras propostas ao principio máis económicas, pero ao final ata me conseguiron unha subvención que cubriu unha boa parte do presuposto. En resumen, ENERGANOVA 100% aconsellable

Pablo Rubal
16 Outubro 2020

Descobre cando podes aforrar cun sistema de autoconsumo fotovoltaico con bomba de calor

Sen investimento inicial, pagaralo co aforro xerado