Xeotermia (Hotel) - Energanova - Energías Renovables

Xeotermia (Hotel)

Aerotermia
Calefacción
Frío
AQS
Hotel de 3 estrelas 370 m2
Finisterre (A Coruña)
Xeotermia (Hotel)
+ 5.000 €
Aforro anual
7 anos
Amortización
+125.000 €
Aforro de vida útil

O Hotel Bela Fisterra, situado en plena Costa da Morte, é un dos poucos hoteis en España que conta cun sistema de xeotermia para climatización e auga quente sanitaria. Este hotel nacido a partir do mar, está ademais perfectamente integrado coa natureza e deseñouse cun concepto eco-sostible e con conciencia ecolóxica.

O punto de partida

O Bela Fisterra é un hotel literario que nace a partir do mar. Cada unha das habitacións está inspirada e dedicada a grandes obras e autores da literatura do mar.

Situado nunha contorna natural e totalmente integrado coa natureza, o hotel foi concibido desde un principio baixo un concepto de sustentabilidade. O compromiso deste hotel coa natureza quería ir máis aló de estar situados nunha das zonas máis naturais de Galicia; buscaban unha total integración co medio ambiente.

Por iso, desde un principio,tiñan claro que querían utilizar un sistema renovable para a climatización e o AQS. A xeotermia cumpría con todos os requisitos que buscaban: respecto polo medio ambiente e aforro enerxético cun sistema renovable.

Así que a nosa proposta foi desde o principio nesta dirección.

A nosa proposta

Á hora de presentar a nosa propostativemos en conta as grandes necesidades enerxéticas que ten un hotel.Buscamos un sistema que proporcionase calefacción e frío cun consumo reducido e con total confort. Ademais, á hora de presentar a nosa proposta, buscamos un sistema eficiente para a produción de AQS, xa que é unha das maiores fontes de consumo enerxético dun hotel.

Bomba de calor aerotérmica

Nosa proposta foi unha bomba de calor xeotérmica da marca IDM- Enertres Terra Twin 35 (35 kW) con proceso reversible frío/calor para liquidar tanto as demandas de calefacción como de refrixeración do hotel.

Esta bomba de calor, ademais de contar cun dos maiores rendementos do mercado, dispón da tecnoloxía HGL para produción de AQS. Esta tecnoloxía, patentada polo fabricante austríaco iDM, garante a produción de AQS cun mínimo consumo. Pareceunos, por tanto, o sistema ideal para este hotel, debido á elevada demanda de AQS.

Depósito inercia calefacción/frío e produción instantánea de AQS

Ademais, instalamos un acumulador de 300 litros para auga quente sanitaria (AQS) marca Enertres modelo DPSA.

Propuxemos instalar unacumulador de inercia de 1.500 litros cun sistema de produción instantánea de AQS de 70 litros/ min, considerando a elevada demanda que presentaba o hotel.

Con este sistema de produción de AQS instantáneo garantimos a produción totalmente hixiénica da auga quente. Ademais, ao non existir acumulación, evitamos realizar o tratamento semanal antilexionela obrigatorio para este tipo de establecementos. Isto supón unha maior seguridade e aforro, xa que non hai que alcanzar elevadas temperaturas para a produción de AQS con total garantía.

Para a calefacción e refrixeración do hotel, propuxemos a instalación dun acumulador de inercia con 4 válvulas desviadoras de caudal. Desta maneira, favorecemos en todo momento a estratificación, independentemente de que o modo de funcionamento sexa verán ou inverno.

Captación xeotérmica

Ao estar preto do mar, tratábase dunha zona complexa para a perforación, xa que o terreo é brando e pode virse abaixo con facilidade. Por este motivo, houbo que realizar os pozos mediante máquinas perforadoras con tecnoloxía de dobre cabezal, que permiten perforar e entubar de maneira simultánea.

Para dimensionar o campo de captaciónrealizouse unha simulación de captación xeotérmica.Desta maneira, determinar de maneira exacta a potencia de extracción térmica do subsolo. Esta proba é importante facela en instalacións deste tipo, onde existen elevadas necesidades enerxéticas.

As probas realizadas determinaron unha capacidade de extracción 62 W por metro lineal de perforación.
En consecuencia, realizáronse 3 pozos de 140 m de profundidade.

Sistema de emisión

A achega de frío e de calor realízase mediante fancoils de condutos de alta eficiencia con ventiladores DC inverter e con tecnoloxía LAC do fabricante Daikin.

Nas habitacións e zonas comúns, colocáronse difusores lineais e reixas de coidado deseño, acordes ao estilo elegante e minimalista de todo o hotel.

Por outra banda, nos baños de habitacións instaláronse radiadores e toalleiros alimentados a alta temperatura a través do acumulador Hygienik e a tecnoloxía HGL.

Funcionamento da instalación

A instalación levouse a cabo entre marzo e abril de 2018. O hotel inaugurouse en xullo de 2018.

Desde entón, este hotel de 3 estrelas xa acolleu a numerosos hóspedes que gozaron dunha contorna natural nun edificio onde se logrou combinar o confort, deseño e coidado do medio ambiente.

A mellor enerxía é a que transmiten os nosos clientes

  • Todos
  • Aforro
  • Fiabilidade
  • Profesionalidade
  • Velocidade
M

Só temos boas palabras en referencia á solución aportada por Energanova. No noso caso, aerotermia e paneis solares. Por fin, a nosa casa está quente en inverno e fresca no verán, cun custo mensual moi por debaixo do que ata onte viñamos pagando. Recomendo encarecidamente a Energanova para unha solución adecuada ás vosas necesidades.

Manuel Vera
06 Maio 2020
E

Quedamos encantados coa instalación. Queríamos uns emisores térmicos para a casa no pobo e todo saíu perfecto, funcionan moi ben. A instalación foi moi sinxela e rápida. Cumprindo á perfección co que nos ofertaron. Moi profesionais e atentos. Volveremos traballar con eles.

Esther Aguín Martínez
05 Agosto 2021
A

Realicei con Energanova unha instalación xeotérmica con fotovoltaica e estamos moi satisfeitos tanto coa execución coma cós consumos. Sobre todo, agora que a electricidade está polas nubes e nós pagamos 20€ ao mes. Empresa aconsellable 100% en tódolos aspectos.

Alejandra González
11 Setembro 2021
C

Podo dicir que se trata dunha empresa na que en todo momento tanto o asesoramento técnico, coma o trato profesional foi acorde ás miñas necesidades. Simplemente dicir que se estades pensando en instalar unha calefacción/clima non dubidedes en tomalos como opción, porque sen dúbida trátase dunha empresa solvente e seria, o cal nos tempos que corren moitas veces é complicado de atopar. Grazas Energanova!

César González
18 Xullo 2020
K

Excelente experiencia con Energanova. Cumpriron cos prazos, todo o persoal foi moi profesional, o traballo for limpo e moi rápido tanto para a xeotermia como para as placas fotovoltaicas. Nós solicitamos as axudas da Xunta e eles encargáronse de xestionalo por completo. Encantados de telos escollido, tanto polo trato como polo resultado da instalación.

Karla Álvarez
06 Outubro 2021
A

Traballei con Energanova na rehabilitación dunha vivenda e estou moi contenta coa miña escolla. É unha empresa achegada e profesional. Contan cun gran equipo que explica detalladamente tanto ó arquitecto, arquitecto técnico e construtor como á propiedade as prestacións de todo antes, durante e despois da obra. Moi aconsellable!

Alba Balmaseda
23 Abril 2021
M

Excelente calidade prezo. A instalación que nos puxeron saíu máis que rendible, economicamente e en confort na casa!

Marcos
21 Maio 2020
D

Fixen a climatización da miña vivenda con bomba de calor xeotérmica (iDM), chan radiante e paneis fotovoltaicos con Energanova. Estamos moi contentos co resultado. Como empresa son moi serios e profesionais, souberon aconsellarme en todo momento. Con esta instalación a vivenda é moi confortable e o consumo é moi reducido. É unha empresa 100% aconsellable.

Da Pereira
15 Setembro 2020
R

A empresa funciona ben, ofrecen distintas alternativas despois de estudar a túa problemática, respondendo e aclarando todas as dúbidas que poidas ter. Resposta rápida e eficiente, bos profesionais e una adecuada documentación e información sobre o funcionamento da instalación. Ocúpanse de toda a tramitación administrativa incluídas as subvencións. Moi satisfeitos!

Román Lago
17 Xullo 2020
B

Vou contar a miña experiencia con esta empresa de enerxías renovables. Antes que nada, teño que dicir que sempre me teño considerado una persoa “difícil” como cliente, que esixe seriedade e profesionalidade en todos os servizos que contrata e en especial para a miña vivenda. Pois ben, teño que dicir que nesta ocasión a miña satisfacción é máxima e quero dar os meus parabéns a través deste comentario a todo o equipo de Energanova pola súa profesionalidade. Non é fácil atopar hoxe en día empresas que fagan as cousas ben, e teño que dicirvos que esta empresa fainas moi ben.

Begoña Romero
15 Febreiro 2021
M

A xeotermia instalada máis placas fotovoltaicas, todo un acerto. O confort e consumo enerxético que nos garantiron cumpriuse, e malia a nosa desconfianza inicial cara este tipo de enerxías renovables, agora só podemos dicir que as recomendamos 100%.

Marco Vaq
16 Marzo 2021
C

Grande empresa e rapidez na instalación, renovamos a nosa antiga máquina de xeotermia por unha das mellores no mercado. O aforro é impresionante e a factura da luz caeu radicalmente, pero para min o mellor é a atención posvenda, aténdente en calquera momento as dúbidas tanto telefónicas como presenciais. Un 10 para vós.

Carlos Vallejo
03 Febreiro 2021
P

Moi satisfeito con esta empresa. Asesoráronme e informáronme durante todo o proxecto dunha maneira moi profesional, son moi bos tecnicamente e nótase que teñen moita experiencia. Esteticamente coidaron ata do último detalle para que a instalación quedase integrada na vivenda e os cables o máis disimulados posible. Tiven outras propostas ao principio máis económicas, pero ao final ata me conseguiron unha subvención que cubriu unha boa parte do presuposto. En resumen, ENERGANOVA 100% aconsellable

Pablo Rubal
16 Outubro 2020
F

Energanova é unha empresa seria, que en todo momento nos explicou e axudou en todo o relacionado coa instalación fotovoltaica. E a instalación quedou perfecta, buscaron solucións específicas para un espazo moi reducido. 100% aconsellables.

Fernando Mejuto García
01 Xuño 2021
C

Rápida resposta e excelentes profesionais, recomendados sen dúbida

Cova Charlin Villanueva
01 Outubro 2021
P

Logo de querer investir en fotovoltaica, púxeme a buscar en internet empresas que puidesen darme presupostos, ata que atopei Energanova. Dende o principio, Javier atendeume coma un cliente desexa ser atendido, con paciencia e respecto, pois non todo o mundo sabe o que é un panel solar, un inversor, etc. Energanova paga a pena, son de confianza. Grazas.

Poery
13 Agosto 2020
T

Excelente servizo. O asesoramento que ofrecen é de 10 cunha execución moi profesional. Completamente recomendables.

Tony Doval
23 Xuño 2021
J

Excelente trato, grande profesionalidade e un equipo dedicado a buscar as mellores solucións, tanto técnicas coma económicas para o cliente.

José Luis Santamaría
05 Outubro 2021
J

Por fin, unha empresa que da o que me ofrecera, é difícil…, pero se ao final atopas unha empresa así, con grandes profesionais, o resultado é moi satisfactorio.

José Antonio Sánchez González
15 Maio 2020
A

Gran servizo posvenda e moi rápido!!

Alberto López
06 Marzo 2021
S

Boa experiencia, bo traballo, cumprindo cos prazos e todo funcionando á corrección. Moi contentos e aínda máis agora coa suba da luz! Tamén nos facilitaron o monótono proceso das axudas á Xunta. Animo á xente a escoller esta empresa! Boaa elección

Silvia Jenuario
27 Outubro 2021
Y

Bos profesionais e moi áxiles. Instalei unha fotovoltaica con eles e estou encantado.

Yago Lorenzo
19 Maio 2020
P

Moi profesionais!

Proyectopía La vivienda modular a tu medida
25 Xullo 2021
L

Colaboramos dende fai tempo coa empresa Energanova, para todos os nosos proxectos, tanto de xeotermia coma de aerotermia con fotovoltaica. En cada traballo que executan, amosan experiencia, profesionalidade e seriedade, dende a redacción inicial do proxecto ata a instalación final. Teñen un grande equipo técnico e comercial que asesora en cada unha das fases cara a mellor solución enerxética, trasladando sempre o seu amplo coñecemento. Traballan coas mellores marcas e coidan moito do deseño e da estética. Seguiremos colaborando con eles e por suposto recomendándoos a cada persoa ou empresa que necesite levar a cabo calquera instalación de enerxías renovables.

La I Desing
07 Outubro 2021
C

Puxémonos en contacto con Energanova porque queríamos cambiar a nosa vella caldeira de gas por un sistema máis eficiente e respectuoso co medio ambiente. Nótase que son especialistas neste tipo de traballos, xa que demostraron ser moi profesionais en todo momento.

Carlos Martín
19 Setembro 2020
S

Excelente empresa. Contactamos con eles e rapidamente se desprazan á túa vivenda para ver cal é a instalación idónea para a mesma, resolvendo calquera tipo de dúbida que poidas ter. Mellores prezos que se a comparas con outras empresas de enerxías renovables. Instalación rápida e ben executada. No meu caso pedín a subvención ao Inega, e como son unha empresa instaladora autorizada, eles encárganse de todo e son os primeiros en conseguila para que non quedes sen ela. Se tivera que facer calquera instalación contactaría con eles sen dúbida.

Sandra
07 Maio 2021
J

Grandes profesionais, puntuais, minuciosos co traballo e moi serios. Volverei contratalos para outro proxecto. Grazas.

Jesús González
20 Agosto 2021
V

Dende fai uns meses contamos na casa cun sistema de aerotermia e fotovoltaica instalado pola empresa Energanova. Sobre os aforros, ata o momento baixounos a factura da luz nun 70% e xa non temos que encargar máis gasóleo!! Se alguén se anima a instalar renovables, recoméndolle que busque unha empresa profesional. Nós estamos moi contentos coa nosa escolla

Victoria Pérez
08 Xaneiro 2021
G

Excelente: gran profesionalidade, tanto no traballo administrativo para conseguir permisos e subvencións, como no técnico para instalar os equipos. Sempre pendentes ademais do funcionamento correcto da instalación, e de calquera incidencia.

Gabriel Gijarro
19 Febreiro 2021
M

Asesoráronme e informáronme durante todo o proxecto dun xeito moi profesional, axudándome tamén na xestión da subvención. Atención personalizada e seguimento despois da instalación para obter o máximo aproveitamento da mesma. Creo que é a forma de pasármonos ás enerxías renovables, superando o estrés e as inseguridades que poidamos ter. ENERGANOVA 100% recomendable!!!!

María Soliña Opera
05 Agosto 2020
J

Pincheiro AT, o noso complexo de apartamentos en A Pobra do Caramiñal, apostaba polas enerxías renovables, especialmente xeotermia e fotovoltaica. Podemos certificar que Energanova cumpriu enormemente todas as nosas expectativas. Constatar, e isto é difícil, a honestidade desta empresa, xa que o presupostado corresponde exactamente co que nos facturaron. Só cabe dicir por parte de Pincheiro AT que nos sentimos en boas mans tanto polo realizado en obra coma polo seguimento puntual que teñen feito ata o de agora e que seguen a facer.

José Barroso Castro
02 Outubro 2021

Descobre cando podes aforrar cun sistema de autoconsumo fotovoltaico con bomba de calor

Sen investimento inicial, pagaralo co aforro xerado