Aerotermia: Aforra ata -75% en calefacción | Energanova

Que é a aerotermia?

A aerotermia é a enerxía renovable contida no aire que nos permite climatizar a nosa vivenda con aforros do 80%.

Aerotermia

A maior parte da enerxía non se produce, senón que se recupera do ambiente.
Para obter calefacción, refrixeración ou auga quente, a bomba de calor só precisa un pequeno consumo eléctrico.
Resulta axeitada tanto para unha nova vivenda como para substituír sistemas de calefacción convencionais.
A bomba de calor é o principal compoñente nun sistema con aerotermia.

Tipos de bomba de calor aerotérmica

Clasificación xeral

As bombas de calor aire-aire transfiren a temperatura a un circuíto de aire (aire acondicionado).

As bombas de calor aire-auga transfiren a temperatura a un circuíto de auga (chan radiante, radiadores, ventiloconvectores, etc.)

Os sistemas con bombas de calor aire-auga son máis eficientes e confortables, por iso son as recomendadas e empregadas por Energanova.

Este tipo de bombas de calor aire-auga divídense á súa vez en 2 categorías, en función do número de unidades que integra o equipo: monobloc e bibloc.

En función da temperatura máxima de funcionamento, pódense cualificar tamén en equipos de alta ou baixa temperatura.

Sistemas aire-auga

  • MONOBLOC
  • BIBLOC
Bomba de calor monobloc

Son equipos que inclúen todo o circuíto frigorífico nunha soa unidade, que se coloca no exterior. Adoitan ser equipos de maior tamaño e cun menor custo de instalación.

Están compostas de dúas unidades: unidade exterior e unidade interior

A unidade exterior é a encargada de captar a enerxía do aire a través dun ventilador e unha batería de intercambio, que fai a función de evaporador en modo calefacción e de condensador en modo refrixeración.
Adoitan incluír tamén o compresor, aínda que en ocasións, e dependendo do fabricante e modelo de máquina, poderíase colocar na unidade exterior.

Como funciona unha bomba de calor aire-auga?

Funcionamento da aerotermia

O funcionamento da aerotermia consiste basicamente nun intercambio de enerxía entre o aire exterior e o sistema de emisión da vosa vivenda.

  • CALEFACCIÓN, AQS E PISCINA
  • REFRIXERACIÓN

Cando funciona en modo calor, a bomba de calor capta enerxía do exterior, eleva a súa temperatura e cédea ao sistema de calefacción da vivenda.

A aerotermia proporciona, ademais, auga quente sanitaria durante todo o ano e pode quentar a piscina para prolongar a tempada de baño.

As bombas de calor empregadas para a aerotermia poden funcionar en modo refrixeración.

Para refrixerar unha vivenda con aerotermia a bomba de calor inverte o ciclo. “Capta a calor”, a través do sistema de emisión e disípaa ao exterior a través da unidade condensadora.

Vantaxes da aerotermia

Coa aerotermia a maior parte da enerxía recupérase do ambiente. Isto permite climatizar unha vivenda con aforros de ata o 80% respecto de outros sistemas como os emisores térmicos ou o chan radiante eléctrico, e arredor do 50-60% fronte a solucións tradicionais de gas/gasóleo con radiadores.

Ao ser gratuíta a enerxía que se extrae do aire, o gasto xerado polo consumo eléctrico do compresor da bomba é moi reducido.

A aerotermia proporcionarache calefacción en inverno, refrixeración no verán e auga quente durante todo o ano. Non precisas nada máis.

A aerotermia é un sistema moi eficiente. Por 1kW eléctrico que consome, entrega en torno a 4-5kW térmicos. Isto supón un rendemento arredor do 400-500%.

Ao non ser necesario ningún tipo de combustión, case non requiren mantemento.

Segundo a nosa experiencia, o investimento nunha aerotermia fronte a unha caldeira de gas ou gasóleo recupérase habitualmente entre 4 e 5 anos.

A bomba de calor apenas ocupa espazo. Ademais, hai modelos de instalación exterior que non requiren dispoñer dunha sala técnica.

Unha casa adoita ser a nosa vivenda durante moitos anos. O noso planeta vai ser o noso fogar toda a vida. É bo para a túa economía e bo para o planeta.

Utilizar a enerxía gratuíta dispoñible no medio ambiente aportarache autosuficiencia enerxética.

As diferentes administracións dispoñen de plans e bonificacións para a aerotermia. Dende subvencións para a súa instalación, bonificacións do IBI ou deducións fiscais.

Podemos axudarche se te atopas en calquera destas situacións

Vivenda nova?

Estás a construír ou tes pensado construír a túa vivenda. Gustaríache gozar dunha temperatura agradable tanto no verán coma no inverno, sen estar pendente da factura. Buscas a mellor solución para hoxe e sempre.

Mellora enerxética?

Queres renovar o teu vello sistema de calefacción. Buscas reducir o gasto enerxético sen renunciar ao confort. Estás disposto a investir nun sistema máis moderno, sempre que dito investimento sexa amortizado co aforro xerado.

Es un arquitecto?

Podemos axudarche co teu proxecto sen custo algún para ti. Buscaremos a mellor solución para o teu cliente. Cando a teñamos, o noso departamento de enxeñaría facilitarache o cálculo, deseño e xustificación do proxecto.

Canto custa a aerotermia?

Se estás interesado en instalar aerotermia na túa vivenda, coñecer o seu prezo resulta clave para tomar unha decisión correcta.

Existen moitas variables que determinan o prezo dun sistema de calefacción e climatización con aerotermia. Iso fai que exista tanta diferenza entre uns presupostos e outros. Ás veces resulta complicado entender a que se debe esta diferenza de prezos.

Esta falta de claridade na información pode xerar confusión se estás pensando instalar aerotermia na túa vivenda.

Guía de prezos da aerotermia

Para axudarche a ter máis claridade no tocante ao prezo da aerotermia para unha vivenda unifamiliar, creamos esta sinxela guía.

Para converter a enerxía do aire en enerxía útil para a vivenda, un sistema de aerotermia precisa dunha bomba de calor.

A bomba de calor aerotérmica é o principal compoñente dunha instalación con aerotermia e o de maior custo.

Existen fundamentalmente 2 tipos de bomba de calor:

Monobloc e bibloc

Prezo das bombas de calor monobloc

Son equipos que integran o circuíto frigorífico nunha soa unidade, que se coloca no exterior da vivenda. Trátanse normalmente de equipos máis grandes, pero que teñen un menor custo de instalación, xa que se evita a unión refrixerante entre a unidade interior e exterior.

Os prezos das bomba de calor monobloc dependen fundamentalmente da marca, a potencia e as prestacións.

Dar un prezo exacto resulta complicado porque son moitas variables as que inciden no prezo final.

Con todo, un dos factores que máis condiciona o prezo é o tamaño da vivenda, xa que este xunto coa zona climática, o nivel de illamento e o sistema de emisión, determina o tipo e a potencia necesaria da bomba de calor.

Tamaño vivenda: 100m2

  • Potencia bomba: 5Kw
  • Prezo: 5.000-8.000€

Tamaño vivenda: 150m2

  • Potencia bomba: 7,5Kw
  • Prezo: 5.000-8.000€

Tamaño vivenda: 200m2

  • Potencia bomba: 10Kw
  • Prezo: 6.000-9.000€

Tamaño vivenda: 250m2

  • Potencia bomba: 12,5Kw
  • Prezo: 7.000-12.000€

Tamaño vivenda: 300m2

  • Potencia bomba: 15Kw
  • Prezo: 7.000-12.000€

Prezo das bombas de calor bibloc

As bombas de calor aerotérmicas bibloc están compostas de 2 unidades: a unidade exterior e a unidade interior.

A unidade exterior capta a enerxía do aire. A maioría de equipos inclúen tamén o compresor nesta unidade.

Na unidade interior atópase principalmente a regulación do equipo, o intercambiador de calor e a bomba circuladora. Algúns fabricantes incorporan, ademais, nesta unidade interior un acumulador de AQS. Desta maneira, conseguen simplificar a instalación e reducir o espazo necesario.

Tamaño vivenda: 100 m2

  • Potencia bomba: 5 kW
  • Prezo: 5.500-8.500€

Tamaño vivenda: 150 m2

  • Potencia bomba: 7,5 kW
  • Prezo: 7.000-10.000€

Tamaño vivenda: 200 m2

  • Potencia bomba: 10 kW
  • Prezo: 7.000-10.000€

Tamaño vivenda: 250m2

  • Potencia bomba: 12,5Kw
  • Prezo: 8.000-15.000€

Tamaño vivenda: 300m2

  • Potencia bomba: 15Kw
  • Prezo: 8.000-15.000€

Tamaño vivenda: 100m2

  • Potencia bomba: 5Kw
  • Prezo: 6.000-9.000€

Tamaño vivenda: 150m2

  • Potencia bomba: 7,5Kw
  • Prezo: 8.000-12.000€

Tamaño vivenda: 200 m2

  • Potencia bomba: 10 kW
  • Prezo: 8.000-12.000€

Tamaño vivenda: 250m2

  • Potencia bomba: 12,5Kw
  • Prezo: 10.000-18.000€

Tamaño vivenda: 300m2

  • Potencia bomba: 15Kw
  • Prezo: 10.000-18.000€

Nun sistema con aerotermia, ademais da bomba de calor, existen unha serie de compoñentes necesarios para calquera instalación:

  • Acumulador de AQS
  • Acumulador de inercia

En tódalas instalacións con bomba de calor aerotérmica é necesario contar cun acumulador de AQS para proporcionar auga quente sanitaria na vivenda.

Nalgunhas instalacións, a bomba de calor xa incorpora este acumulador na súa unidade interior. De non ser así, sería necesario contar cun acumulador exterior para producir AQS

O prezo dun acumulador de AQS depende fundamentalmente do volume de acumulación, así como o tipo de acumulador e os materiais empregados .

Para determinar o volume de acumulación de AQS nunha vivenda calculamos unhas necesidades de entre 40-50 litros por persoa a unha temperatura de acumulación de 50ºC.

Prezo do acumulador de AQS en función do número de persoas e do modelo

Número de persoas ata 4

  • Volumen ACS: 200l
  • Prezo: 1.150€

Número de persoas 5-10

  • Volumen ACS: 300l
  • Prezo: 1.450€

Número de persoas 10-20

  • Volumen ACS: 500l
  • Prezo: 1.850€

Número de persoas máis de 20

  • Volumen ACS: 700l
  • Prezo: 2.500€

As instalacións de aerotermia, ademais dun acumulador de AQS, poden precisar un acumulador de inercia.

Aínda que só sería estritamente necesario nas instalacións con bomba de calor non inverter, nós recomendámolo case sempre. O seu uso serve para optimizar o funcionamento do compresor da bomba de calor, xa que reduce o número de arrancadas e paradas. Isto incide no consumo e, sobre todo, na vida útil da bomba de calor, tamén permite garantir o caudal mínimo necesario para o correcto funcionamento da bomba de calor.

Potencia 5Kw

  • Bomba de calor con compresor inverter: 100l
    • Prezo: 650€
  • Bomba de calor con compresor on-off: 200l
    • Prezo: 780€

Potencia 7,5Kw

  • Bomba de calor con compresor inverter: 100l
    • Prezo: 650€
  • Bomba de calor con compresor on-off: 200l
    • Prezo: 1.150€

Potencia 10Kw

  • Bomba de calor con compresor inverter: 100l
    • Prezo: 650€
  • Bomba de calor con compresor on-off: 200l
    • Prezo: 1.485€

Potencia 12,5Kw

  • Bomba de calor con compresor inverter: 100l
    • Prezo: 780€
  • Bomba de calor con compresor on-off: 200l
    • Prezo: 1.485€

Potencia 15Kw

  • Bomba de calor con compresor inverter: 100l
    • Prezo: 780€
  • Bomba de calor con compresor on-off: 200l
    • Prezo: 2.165€

Normalmente os traballos de instalación para unha vivenda unifamiliar de tamaño medio requiren de 2 profesionais durante uns 3-4 días.

Isto suporía un custo aproximado entre 1500-2000€.

Coñece as subvencións que actualmente están en vigor no noso país para a instalación de aerotermia:

  • Axudas para o autoconsumo, almacenamento e sistemas térmicos con enerxías renovables ( RD 477/2021)

Estas axudas aprobadas polo goberno en xuño do 2021 subvencionan a instalación de aerotermia (exceptuando as tecnoloxías aire-aire para climatización e/ou auga quente sanitaria en vivendas.

A contía subvencionable en instalacións aerotérmicas (aire-auga) é de 500€/ kW instalado ata un máximo por vivenda de 3000 €. En vivendas de propiedade publica e terceiro sector as axudas son de 650€/ kW instalado ata un máximo por vivenda de 3900€.

Estas axudas estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2023, pero como vén sucedendo nas últimas convocatorias, as subvencións son de concorrencia non competitiva, é dicir, tramitaranse por orde de entrada no rexistro e ata o esgotamento do crédito, por tanto, é importante presentar a subvención canto antes.

As datas de inicio para presentar as solicitudes varían dependendo das comunidades autónomas.

Estas son as comunidades autónomas que xa publicaron as súas datas:

  • Rexión de Murcia: 3 de novembro 2021
  • Comunidade de Andalucía: 2 de decembro 2021.
  • Comunidade de Castela e León: 17 xaneiro 2021
  • Comunidade Generalitat Valenciana: 29 de outubro do 2021.
  • País Vasco: 11 de novembro 2021.
  • Comunidade de Galicia: 16 de decembro 2021
  • Baleares: 20 de setembro 2021.
  • Comunidade de Madrid: 16 de novembro 2021.
  • Comunidade de Canarias: 29 de outubro 2021.
  • Aragón: 13 de decembro 2021.
  • Extremadura: 26 de xaneiro 2022.
  • Asturias: 2 de xaneiro 2022.
  • Cataluña: 2 de decembro 2021.
  • Castilla la Mancha: 22 de decembro 2021.

Ademais destas subvencións coas que verás reducido considerablemente o teu investimento inicial, debes saber que existen importantes deducións fiscais e bonificacións do IBI (ata un 50% dependendo do concello no que nos atopemos).

Desde Energanova informarémosche de todas estas axudas e se o desexas tramitarémolas por ti de maneira gratuíta.

Queres calcular ti mesmo o prezo da aerotermia para a túa vivenda?

Desenvolvemos a primeira calculadora que che permite estimar o investimento e o aforro do teu proxecto.

A mellor enerxía é a que transmiten os nosos clientes

  • Todos
  • Aforro
  • Fiabilidade
  • Profesionalidade
  • Velocidade
B

Vou contar a miña experiencia con esta empresa de enerxías renovables. Antes que nada, teño que dicir que sempre me teño considerado una persoa “difícil” como cliente, que esixe seriedade e profesionalidade en todos os servizos que contrata e en especial para a miña vivenda. Pois ben, teño que dicir que nesta ocasión a miña satisfacción é máxima e quero dar os meus parabéns a través deste comentario a todo o equipo de Energanova pola súa profesionalidade. Non é fácil atopar hoxe en día empresas que fagan as cousas ben, e teño que dicirvos que esta empresa fainas moi ben.

Begoña Romero
15 Febreiro 2021
A

Traballei con Energanova na rehabilitación dunha vivenda e estou moi contenta coa miña escolla. É unha empresa achegada e profesional. Contan cun gran equipo que explica detalladamente tanto ó arquitecto, arquitecto técnico e construtor como á propiedade as prestacións de todo antes, durante e despois da obra. Moi aconsellable!

Alba Balmaseda
23 Abril 2021
C

Podo dicir que se trata dunha empresa na que en todo momento tanto o asesoramento técnico, coma o trato profesional foi acorde ás miñas necesidades. Simplemente dicir que se estades pensando en instalar unha calefacción/clima non dubidedes en tomalos como opción, porque sen dúbida trátase dunha empresa solvente e seria, o cal nos tempos que corren moitas veces é complicado de atopar. Grazas Energanova!

César González
18 Xullo 2020
A

Realicei con Energanova unha instalación xeotérmica con fotovoltaica e estamos moi satisfeitos tanto coa execución coma cós consumos. Sobre todo, agora que a electricidade está polas nubes e nós pagamos 20€ ao mes. Empresa aconsellable 100% en tódolos aspectos.

Alejandra González
11 Setembro 2021
G

Excelente: gran profesionalidade, tanto no traballo administrativo para conseguir permisos e subvencións, como no técnico para instalar os equipos. Sempre pendentes ademais do funcionamento correcto da instalación, e de calquera incidencia.

Gabriel Gijarro
19 Febreiro 2021
A

Gran servizo posvenda e moi rápido!!

Alberto López
06 Marzo 2021
K

Excelente experiencia con Energanova. Cumpriron cos prazos, todo o persoal foi moi profesional, o traballo for limpo e moi rápido tanto para a xeotermia como para as placas fotovoltaicas. Nós solicitamos as axudas da Xunta e eles encargáronse de xestionalo por completo. Encantados de telos escollido, tanto polo trato como polo resultado da instalación.

Karla Álvarez
06 Outubro 2021
J

Excelente trato, grande profesionalidade e un equipo dedicado a buscar as mellores solucións, tanto técnicas coma económicas para o cliente.

José Luis Santamaría
05 Outubro 2021
J

Grandes profesionais, puntuais, minuciosos co traballo e moi serios. Volverei contratalos para outro proxecto. Grazas.

Jesús González
20 Agosto 2021
J

Por fin, unha empresa que da o que me ofrecera, é difícil…, pero se ao final atopas unha empresa así, con grandes profesionais, o resultado é moi satisfactorio.

José Antonio Sánchez González
15 Maio 2020
M

A xeotermia instalada máis placas fotovoltaicas, todo un acerto. O confort e consumo enerxético que nos garantiron cumpriuse, e malia a nosa desconfianza inicial cara este tipo de enerxías renovables, agora só podemos dicir que as recomendamos 100%.

Marco Vaq
16 Marzo 2021
M

Só temos boas palabras en referencia á solución aportada por Energanova. No noso caso, aerotermia e paneis solares. Por fin, a nosa casa está quente en inverno e fresca no verán, cun custo mensual moi por debaixo do que ata onte viñamos pagando. Recomendo encarecidamente a Energanova para unha solución adecuada ás vosas necesidades.

Manuel Vera
06 Maio 2020
C

Puxémonos en contacto con Energanova porque queríamos cambiar a nosa vella caldeira de gas por un sistema máis eficiente e respectuoso co medio ambiente. Nótase que son especialistas neste tipo de traballos, xa que demostraron ser moi profesionais en todo momento.

Carlos Martín
19 Setembro 2020
L

Colaboramos dende fai tempo coa empresa Energanova, para todos os nosos proxectos, tanto de xeotermia coma de aerotermia con fotovoltaica. En cada traballo que executan, amosan experiencia, profesionalidade e seriedade, dende a redacción inicial do proxecto ata a instalación final. Teñen un grande equipo técnico e comercial que asesora en cada unha das fases cara a mellor solución enerxética, trasladando sempre o seu amplo coñecemento. Traballan coas mellores marcas e coidan moito do deseño e da estética. Seguiremos colaborando con eles e por suposto recomendándoos a cada persoa ou empresa que necesite levar a cabo calquera instalación de enerxías renovables.

La I Desing
07 Outubro 2021
R

A empresa funciona ben, ofrecen distintas alternativas despois de estudar a túa problemática, respondendo e aclarando todas as dúbidas que poidas ter. Resposta rápida e eficiente, bos profesionais e una adecuada documentación e información sobre o funcionamento da instalación. Ocúpanse de toda a tramitación administrativa incluídas as subvencións. Moi satisfeitos!

Román Lago
17 Xullo 2020
P

Moi profesionais!

Proyectopía La vivienda modular a tu medida
25 Xullo 2021
D

Fixen a climatización da miña vivenda con bomba de calor xeotérmica (iDM), chan radiante e paneis fotovoltaicos con Energanova. Estamos moi contentos co resultado. Como empresa son moi serios e profesionais, souberon aconsellarme en todo momento. Con esta instalación a vivenda é moi confortable e o consumo é moi reducido. É unha empresa 100% aconsellable.

Da Pereira
15 Setembro 2020
P

Logo de querer investir en fotovoltaica, púxeme a buscar en internet empresas que puidesen darme presupostos, ata que atopei Energanova. Dende o principio, Javier atendeume coma un cliente desexa ser atendido, con paciencia e respecto, pois non todo o mundo sabe o que é un panel solar, un inversor, etc. Energanova paga a pena, son de confianza. Grazas.

Poery
13 Agosto 2020
V

Dende fai uns meses contamos na casa cun sistema de aerotermia e fotovoltaica instalado pola empresa Energanova. Sobre os aforros, ata o momento baixounos a factura da luz nun 70% e xa non temos que encargar máis gasóleo!! Se alguén se anima a instalar renovables, recoméndolle que busque unha empresa profesional. Nós estamos moi contentos coa nosa escolla

Victoria Pérez
08 Xaneiro 2021
E

Quedamos encantados coa instalación. Queríamos uns emisores térmicos para a casa no pobo e todo saíu perfecto, funcionan moi ben. A instalación foi moi sinxela e rápida. Cumprindo á perfección co que nos ofertaron. Moi profesionais e atentos. Volveremos traballar con eles.

Esther Aguín Martínez
05 Agosto 2021
P

Moi satisfeito con esta empresa. Asesoráronme e informáronme durante todo o proxecto dunha maneira moi profesional, son moi bos tecnicamente e nótase que teñen moita experiencia. Esteticamente coidaron ata do último detalle para que a instalación quedase integrada na vivenda e os cables o máis disimulados posible. Tiven outras propostas ao principio máis económicas, pero ao final ata me conseguiron unha subvención que cubriu unha boa parte do presuposto. En resumen, ENERGANOVA 100% aconsellable

Pablo Rubal
16 Outubro 2020
J

Pincheiro AT, o noso complexo de apartamentos en A Pobra do Caramiñal, apostaba polas enerxías renovables, especialmente xeotermia e fotovoltaica. Podemos certificar que Energanova cumpriu enormemente todas as nosas expectativas. Constatar, e isto é difícil, a honestidade desta empresa, xa que o presupostado corresponde exactamente co que nos facturaron. Só cabe dicir por parte de Pincheiro AT que nos sentimos en boas mans tanto polo realizado en obra coma polo seguimento puntual que teñen feito ata o de agora e que seguen a facer.

José Barroso Castro
02 Outubro 2021
C

Grande empresa e rapidez na instalación, renovamos a nosa antiga máquina de xeotermia por unha das mellores no mercado. O aforro é impresionante e a factura da luz caeu radicalmente, pero para min o mellor é a atención posvenda, aténdente en calquera momento as dúbidas tanto telefónicas como presenciais. Un 10 para vós.

Carlos Vallejo
03 Febreiro 2021
T

Excelente servizo. O asesoramento que ofrecen é de 10 cunha execución moi profesional. Completamente recomendables.

Tony Doval
23 Xuño 2021
M

Excelente calidade prezo. A instalación que nos puxeron saíu máis que rendible, economicamente e en confort na casa!

Marcos
21 Maio 2020
M

Asesoráronme e informáronme durante todo o proxecto dun xeito moi profesional, axudándome tamén na xestión da subvención. Atención personalizada e seguimento despois da instalación para obter o máximo aproveitamento da mesma. Creo que é a forma de pasármonos ás enerxías renovables, superando o estrés e as inseguridades que poidamos ter. ENERGANOVA 100% recomendable!!!!

María Soliña Opera
05 Agosto 2020
Y

Bos profesionais e moi áxiles. Instalei unha fotovoltaica con eles e estou encantado.

Yago Lorenzo
19 Maio 2020
S

Boa experiencia, bo traballo, cumprindo cos prazos e todo funcionando á corrección. Moi contentos e aínda máis agora coa suba da luz! Tamén nos facilitaron o monótono proceso das axudas á Xunta. Animo á xente a escoller esta empresa! Boaa elección

Silvia Jenuario
27 Outubro 2021
S

Excelente empresa. Contactamos con eles e rapidamente se desprazan á túa vivenda para ver cal é a instalación idónea para a mesma, resolvendo calquera tipo de dúbida que poidas ter. Mellores prezos que se a comparas con outras empresas de enerxías renovables. Instalación rápida e ben executada. No meu caso pedín a subvención ao Inega, e como son unha empresa instaladora autorizada, eles encárganse de todo e son os primeiros en conseguila para que non quedes sen ela. Se tivera que facer calquera instalación contactaría con eles sen dúbida.

Sandra
07 Maio 2021
F

Energanova é unha empresa seria, que en todo momento nos explicou e axudou en todo o relacionado coa instalación fotovoltaica. E a instalación quedou perfecta, buscaron solucións específicas para un espazo moi reducido. 100% aconsellables.

Fernando Mejuto García
01 Xuño 2021
C

Rápida resposta e excelentes profesionais, recomendados sen dúbida

Cova Charlin Villanueva
01 Outubro 2021

Descobre cando podes aforrar cun sistema de autoconsumo fotovoltaico con bomba de calor

Sen investimento inicial, pagaralo co aforro xerado