1.Paneis
Os paneis solares fotovoltaicos son capaces de transformar a radiación solar en enerxía eléctrica
Que é o autoconsumo fotovoltaico?
Esta solución é cada día máis popular entre os propietarios de vivendas unifamiliares, edificios ou mesmo empresas que deciden cubrir, polo menos en parte, a demanda de electricidade da súa instalación con enerxía fotovoltaica.
Ademais do importante aforro na factura da luz, empregar a enerxía fotovoltaica contribúe ao coidado do medio ambiente, xa que se trata dunha enerxía 100% renovable
Os paneis son os encargados de captar a enerxía do sol e transformala en enerxía eléctrica
É preciso fixar os paneis á vivenda. Dependendo de se a súa colocación é no terreo ou no tellado, existen diferentes tipos de fixación.
O inversor fotovoltaico transforma esa enerxía eléctrica de corrente continua a corrente alterna (220/230W). Así, a enerxía estará dispoñible para o seu uso na rede eléctrica da nosa vivenda.
Opcionalmente é posible incorporar baterías á instalación. As baterías serven para almacenar a enerxía eléctrica producida polos paneis e utilizala posteriormente cando sexa preciso.
Trátase dun dispositivo que rexistra tanto a enerxía que entra á vivenda coma a que se inxecta á propia rede. Trátase dun compoñente imprescindible nunha instalación de autoconsumo con excedentes.
Ten que haber proteccións de corrente continua ou alterna.
Os paneis son os encargados de captar a enerxía do sol e transformala en enerxía eléctrica
É preciso fixar os paneis á vivenda. Dependendo de se a súa colocación é no terreo ou no tellado, existen diferentes tipos de fixación.
O inversor fotovoltaico transforma esa enerxía eléctrica de corrente continua a corrente alterna (220/230W). Así, a enerxía estará dispoñible para o seu uso na rede eléctrica da nosa vivenda.
Opcionalmente é posible incorporar baterías á instalación. As baterías serven para almacenar a enerxía eléctrica producida polos paneis e utilizala posteriormente cando sexa preciso.
É o dispositivo encargado da xestión das baterías, cargándoas cando hai excedentes de produción e descargándoas cando a produción fotovoltaica instantánea non é suficiente.
Ten que haber proteccións de corrente continua ou alterna.
Cando os paneis non xeran a suficiente enerxía e as baterías atópanse descargadas, é o grupo electróxeno o encargado de aportar a enerxía precisa.
Sen peaxes, sen impostos e sen custos adicionais. Só produces e consomes a túa propia enerxía. A túa factura reducirase dende o primeiro minuto de funcionamento.
O mantemento das placas solares é mínimo. Unha revisión e limpeza anual dos paneis é suficiente para garantir un bo funcionamento.
O desenvolvemento tecnolóxico permite crear placas fotovoltaicas con máis de 30 anos de duración.
O abaratamento dos custos unido a unha maior eficiencia permite un gran aforro mes a mes. Isto garante unha rápida recuperación do investimento.
Ampliar o uso do tellado da túa casa para instalar paneis solares fará que se incremente o seu valor.
Producir a túa propia electricidade reducirá a túa dependencia das comercializadoras eléctricas. Terás unha maior autosuficiencia enerxética.
Unha instalación fotovoltaica consegue aproveitas a enerxía útil do sol para convertela en enerxía eléctrica. Faino cada día e de xeito gratuíto.
Existen distintas axudas e bonificacións para a fotovoltaica. Dende subvencións para a súa instalación, deducións fiscais ou bonificacións do IBI.
Estás a construír ou tes pensado construír a túa vivenda. Gustaríache gozar dunha temperatura agradable tanto no verán coma no inverno, sen estar pendente da factura. Buscas a mellor solución para hoxe e sempre.
Queres renovar o teu vello sistema de calefacción. Buscas reducir o gasto enerxético sen renunciar ao confort. Estás disposto a investir nun sistema máis moderno, sempre que dito investimento sexa amortizado co aforro xerado.
Podemos axudarche co teu proxecto sen custo algún para ti. Buscaremos a mellor solución para o teu cliente. Cando a teñamos, o noso departamento de enxeñaría facilitarache o cálculo, deseño e xustificación do proxecto.
Instalar paneis solares na túa vivenda é cada día máis rendible. Cunha instalación de autoconsumo fotovoltaico podes chegar a aforrar ata un 80% na factura eléctrica.
Pero para empezar a aforrar debes facer un investimento inicial. Por iso, é posible que te preguntes canto custa unha instalación de autoconsumo fotovoltaico para a túa casa.
O prezo de instalar placas solares está condicionado por varios factores. O máis determinante é o tamaño da instalación ou potencia pico. Aínda que tamén inflúen factores como o tipo de paneis solares, a calidade dos compoñentes ou o tipo de instalación.
Para axudarche a ter máis claridade achega do prezo dun sistema de autoconsumo fotovoltaico para unha vivenda unifamiliar creamos esta sinxela guía.
O prezo dunha instalación fotovoltaica nunha vivenda unifamiliar está condicionado principalmente polos paneis fotovoltaicos. Estes, xunto co inversor fotovoltaico, supoñen o 75% do custo total dunha instalación, sempre que esta non incorpore baterías.
O prezo dos paneis fotovoltaicos determínase fundamentalmente pola cantidade de enerxía que é capaz de xerar, é dicir, a potencia pico. Ademais, inflúe no prezo tamén o tipo de tecnoloxía utilizada e a calidade de fabricación.
En función do consumo de electricidade que teñamos na nosa vivenda, a localización na que se atopa e o nivel de autosuficiencia que busquemos, necesitaremos máis ou menos paneis fotovoltaicos na nosa instalación.
O prezo dos paneis fotovoltaicos sitúase ao redor dos 250-300€ (paneis de aproximadamente 450-500 W) por módulo instalado incluíndo a parte proporcional de fixación.
O inversor solar é un elemento indispensable nunha instalación de autoconsumo fotovoltaico. Encárgase de transformar a corrente continua en corrente alterna para poder utilizala na vivenda.
O prezo dun inversor fotovoltaico para vivenda unifamiliar adoita estar entre os 1200-1800€.
Fundamentalmente as baterías serven para acumular a enerxía xerada polos paneis solares que non é consumida no momento de produción.
As baterías solares son imprescindibles nas instalacións illadas e opcionais en instalacións conectadas a rede para aproveitar a enerxía xerada e non vertela á rede.
O prezo das baterías de litio sitúase ao redor dos 700€ por KWh de acumulación. Para unha vivenda unifamiliar conectada a rede adóitanse instalar entre 5-10 KWh, por tanto o prezo total estaría ao redor de 3500-6000€ en función da capacidade elixida.
A parte dos paneis, inversor e baterías é necesario instalar diferentes compoñentes para o control, monitoraxe, conexionado e protección da instalación. Os prezos destes compoñentes necesarios para unha vivenda unifamiliar sitúanse ao redor dos 600/1000€.
Normalmente os traballos de instalación para unha vivenda unifamiliar de tamaño medio requiren de 2 profesionais durante uns 3-4 días.
Isto suporía un custo aproximado de entre 1.500 € e 1800 €.
PREZO TOTAL (chave en man) dunha instalación fotovoltaica en vivenda unifamiliar.
Potencia: 2.000 W
Potencia: 3.000 W
Potencia: 5.000W
Potencia: 8.000W
Coñece as subvencións que actualmente están en vigor no noso país para a instalación de autoconsumo fotovoltaico e almacenamento:
Estas axudas aprobadas polo gobierno en xuño do 2021 contemplan distintos programas subvencionables relacionados co autoconsumo fotovoltaico:
– Programa de incentivos 1: Realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, no sector servizos, con ou sen almacenamento.
– Programa de incentivos 2: Realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, noutros sectores produtivos da economía, con ou sen almacenamento.
– Programa de incentivos 3: Incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector servizos e outros sectores produtivos.
– Programa de incentivos 4: Realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, con ou sen almacenamento.
– Programa de incentivos 5: Incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector.
A contía destas axudas será a suma da Axuda Base e a Axuda Adicional que puidese corresponder en cada caso.
Para os programas de incentivos 1, 2 e 3, as axudas calcularanse como unha porcentaxe sobre o total de custos subvencionables.
Para os programas de incentivos 4 e 5, as axudas outorgaranse como importes fixos unitarios ou «módulos» que cubrirán parcialmente os custos subvencionables.
Os valores de custos subvencionables unitarios máximos e intensidades de axuda ou módulos aplicar en cada un dos programas son os seguintes:
Programas de incentivos 1 e 2
Programas de incentivos 3
Programas de incentivos 4
Sector residencial
Administracións públicas e terceiro sector
Programas de incentivos 5
As axudas adicionais varían segundo o tipo de programa:
Estas axudas estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2023, pero como vén sucedendo nas últimas convocatorias, as subvencións son de concorrencia non competitiva, é dicir, tramitaranse por orde de entrada no rexistro e ata o esgotamento do crédito, por tanto, é importante presentar a subvención canto antes.
As datas de inicio para presentar as solicitudes varían dependendo das comunidades autónomas.
Estas son as comunidades autónomas que xa publicaron as súas datas:
Ademais destas subvencións coas que verás reducido considerablemente o teu investimento inicial, debes saber que existen importantes deducións fiscais e bonificacións do IBI ( ata un 50% dependendo do concello no que nos atopemos).
Desde Energanova informarémosche de todas estas axudas e se o desexas tramitarémolas porti de xeito gratuíto.
Desenvolvemos a primeira calculadora que che permite estimar o investimento e o aforro do teu proxecto.