Catálogo Dixital | Energanova

Catálogo dixital

Descobre as nosas solucións de aforro enerxético para España e América do Sur

Xeotermia

Sabes que podes climatizar a túa casa coa enerxía que hai baixo os teus pés? Sen apenas consumos e de forma 100% renovable.

Aerotermia

Coa aerotermia podes aforrar ata un 80% na climatización da túa vivenda. Tan fácil coma utilizar a enerxía contida no aire.

Autoconsumo fotovoltaico

Queres producir a túa propia enerxía e esquecer a factura da electricidade? O autoconsumo fotovoltaico é a solución.

Ventilación con recuperación

Ventila a túa casa sen necesidade de abrir as ventás. Garantindo a calidade do aire e mantendo a temperatura.

Somos especialistas na combinación de autoconsumo fotovoltaico con bomba de calor

Se queres esquecer a túa factura enerxética, pero renunciar ao confort non é unha opción, xuntos imos atopar a mellor solución. Tras máis de 15 anos de experiencia, temos comprobado que as instalacións de autoconsumo fotovoltaico con bomba de calor son a mellor alternativa no 98% dos casos. Non obstante, sabemos que non existen as solucións ideais. Cada proxecto é distinto. Cada cliente ten as súas necesidades concretas. Por iso, se queres a nosa axuda, farémosche un estudo personalizado totalmente gratis.

Sistemas de emisión

Os sistemas de emisión son os encargados de levar a enerxía producida pola bomba de calor ao teu fogar. É importante escoller o sistema máis axeitado en cada caso. Para iso, debes coñecer os diferentes sistemas de emisión, para que a túa decisión sexa a máis acertada.

Chan radiante

Sabes que o chan radiante se converteu nun dos sistemas de emisión máis demandados? Aporta unha temperatura homoxénea en toda a vivenda cun consumo moi reducido.

Ventiloconvectores

Queres un único sistema para quentar e refrixerar a túa casa? Os ventiloconvectores poden ser a solución que estabas a buscar

Radiadores de baixa temperatura

Os radiadores de baixa temperatura non precisan unha temperatura elevada para o seu funcionamento. Por iso, son ideais para combinar con bomba de calor.

Servizos de Enxeñaría.

En Energanova contamos cun experimentado departamento de enxeñaría xeolóxica a enerxética especializado na integración de diferentes tecnoloxías e sistemas renovables.

Descobre cando podes aforrar cun sistema de autoconsumo fotovoltaico con bomba de calor

Sen investimento inicial, pagaralo co aforro xerado

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información de cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando voltas á nosa web, ou axudar ao noso equipos que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.