1. Evaporación
O fluído que circula polo sistema de captación chega ao evaporador da bomba de calor, que contén líquido refrixerante. Como o fluído da captación está máis quente có refrixerante, prodúcese un intercambio de calor entre ambos. O refrixerante quéntase e pasa dun estado líquido a outro gasoso. O fluído de captación e o da bomba de calor non se mesturan en ningún momento. O intercambio de calor prodúcese por contacto entre ambos circuítos a través dun intercambiador de placas.
Que é a xeotermia?
A xeotermia é a enerxía limpa e 100% renovable que se atopa baixo os nosos pés
Xeotermia
A xeotermia é unha das enerxías renovables máis fiables e predicibles.
Témola dispoñible baixo os nosos pés as 24 horas do día, durante 365 días ao ano.
Tanto durante unha vaga de frío no inverno coma de calor no verán, o subsolo mantense a unha temperatura constante todo o ano (15-18ºC). Esta temperatura do subsolo é máis alta que a temperatura exterior no inverno e máis baixa que a temperatura exterior no verán.
Cun sistema de climatización xeotérmico conseguiremos aproveitar esa enerxía para obter calefacción, refrixeración e auga quente todo o ano.
E todo sen que existan apenas consumos. Xa que cun mínimo o 80% desa enerxía é GRATUITA e RENOVABLE.
.
Compoñentes básicos dun sistema de climatización con xeotermia
Captación xeotérmica
- Captación vertical pechada
- Captación vertical aberta
- Captación horizontal pechada
Consta dunha ou varias perforacións nas que se introducen unhas tubaxes plásticas (sondas) a unha profundidade de entre 80 e 150 metros. Por estas sondas circula un fluído que capta a enerxía acumulada baixo terra e trasládaa á bomba de calor. É a opción máis utilizada. Necesita pouco espazo, non está limitada para achegar frío ou calor e a legalización é rápida e sinxela.
Require dun acuífero, río ou lago para extraer a auga que achegue a enerxía necesaria ao circuíto de captación. Aínda que é a que ten un maior rendemento, o seu uso non é moi habitual. O principal motivo é que os recursos necesarios non adoitan estar dispoñibles. Ademais, a legalización pode chegar a ser moi lenta e complexa.
Consta dunhas tubaxes plásticas enterradas ao longo do terreo a 1,5-3 metros de profundidade. Necesita un terreo libre equivalente a 2-2,5 veces a superficie da vivenda. É a máis económica, pero a que presenta un menor rendemento, xa que lle afectan as condicións climáticas exteriores. Ademais, non é recomendable en instalacións que necesiten refrixeración.
Bomba de calor xeotérmica
A bomba de calor xeotérmica precisa dun sistema de captación para extraer a enerxía acumulada no subsolo.
A bomba de calor consegue transformar a enerxía acumulada no subsolo en enerxía útil para o teu fogar. Para facelo, só precisa dun pequeno consumo eléctrico.
Como funciona unha bomba de calor geotérmica?
Funcionamento xeotermia
A bomba de calor consegue aproveitar a temperatura estable do subsolo e a transforma en enerxía útil para o fogar.
Cun consumo moi reducido, subministra calefacción durante o inverno, refrixeración no verán e auga quente durante todo o ano, para piscinas.
- CALEFACCIÓN, AQS E PISCINA
- REFRIXERACIÓN ACTIVA
- REFRIXERACIÓN PASIVA
Durante a época de inverno, aprovéitase a calor do terreo e trasládase á vivenda.
As sondas captan a calor do subsolo a través do fluído que circula polo seu interior e o trasladan á bomba de calor.
A bomba de calor utiliza esta enerxía e, cun mínimo consumo eléctrico, alcanza a temperatura necesaria para quentar a vivenda, producir auga quente sanitaria e incluso quentar a piscina.
Ademais de proporcionar calor no inverno, a enerxía xeotérmica ten a posibilidade de utilizarse no sentido inverso, é dicir, para refrixerar a vivenda durante os días cálidos.
Ao operar en modo refrixeración, a bomba de calor inverte o seu funcionamento. Capta a calor da vivenda e realiza un intercambio co circuíto de pozos. Para facelo só precisa un pequeno consumo eléctrico do compresor.
Neste caso, o circuíto de pozos é o foco frío, dado que se atopa a menor temperatura que a vivenda, e esta última é o foco quente.
Deste xeito, conséguese refrixerar a vivenda para ter unha temperatura de confort.
Unha das vantaxes da xeotermia, fronte a outras bombas de calor, é a posibilidade de refrixerar a túa vivenda de forma gratuíta, a través do coñecido como frío pasivo gratuíto ou “free cooling”.
O frío pasivo consiste nun intercambio directo de temperatura entre o circuíto de captación e o circuíto de emisión da nosa vivenda.
No verán, a temperatura do subsolo é menor cá temperatura da vivenda. Ao producirse este intercambio de temperatura entre ambos circuítos, conseguimos “ceder o frío” do subsolo á nosa instalación de chan radiante ou ventiloconvectores. Deste xeito, redúcese a temperatura interior da vivenda en torno a 2-3ºC. A bomba de calor mantense apagada, polo que non hai ningún consumo.
Esta opción é especialmente útil en zonas de clima temperado, onde as necesidades de refrixeración non son moi altas, e en vivendas ben illadas.
Vantaxes da xeotermia
A bomba de calor precisa dun pequeno consumo eléctrico para climatizar a vivenda. Se producimos esa enerxía con paneis fotovoltaicos o consumo será case nulo.
Ao non ser necesario ningún tipo de combustión, case non requiren mantemento. Tampouco os custos asociados a este servizo.
As bombas de calor son equipos deseñados para funcionar durante 20 ou 25 anos, mantendo a súa eficiencia.
A bomba de calor proporcionarache calefacción en inverno, refrixeración no verán, e auga quente durante todo o ano. Non precisas nada máis.
A xeotermia permite refrescar o ambiente da túa vivenda de xeito completamente gratuíto. Sen consumos da bomba de calor.
Investir nun sistema de enerxía renovable aportará un maior valor á túa vivenda.
Utilizar a enerxía gratuíta dispoñible no medio ambiente aportarache autosuficiencia enerxética. Apenas dependerás dun subministro externo.
Unha casa adoita ser a nosa vivenda durante moitos anos. O noso planeta vai ser o noso fogar toda a vida. É bo para a túa economía e bo para o planeta.
A enerxía xeotérmica sempre está dispoñible. Sempre disporás da enerxía que precises, 24 horas ao día, 7 días á semana.
Existen distintas axudas e bonificacións para a xeotermia. Dende subvencións para a súa instalación, bonificacións do IBI ou deducións fiscais.
Podemos axudarche se te atopas en calquera destas situacións
Vivenda nova?
Estás a construír ou tes pensado construír a túa vivenda. Gustaríache gozar dunha temperatura agradable tanto no verán coma no inverno, sen estar pendente da factura. Buscas a mellor solución para hoxe e sempre.
Mellora enerxética?
Queres renovar o teu vello sistema de calefacción. Buscas reducir o gasto enerxético sen renunciar ao confort. Estás disposto a investir nun sistema máis moderno, sempre que dito investimento sexa amortizado co aforro xerado.
Es un arquitecto?
Podemos axudarche co teu proxecto sen custo algún para ti. Buscaremos a mellor solución para o teu cliente. Cando a teñamos, o noso departamento de enxeñaría facilitarache o cálculo, deseño e xustificación do proxecto.
Canto custa a xeotermia?
Saber canto custa un sistema de calefacción e climatización xeotérmica é moi imporante se estás valorando instalar este sistema na túa vivenda.
Existe moita información sobre a xeotermia, pero apenas se fala dos diferentes factores que condicionan o prezo do sistema completo.
Respecto á bomba de calor, hai unha gran variedade de marcas e modelos. Os prezos entre unhas e outras son moi dispares. Ás veces resulta complicado entender a qué se debe esta diferenza de prezos.
Ademais, debemos ter en conta outros elementos da instalación que supoñen entre o 55% e o 75% da instalación.
Esta falta de información pode xerar confusión se estás pensando en instalar xeotermia na túa vivenda.
Guía de prezos da xeotermia
Para axudarche a ter máis claridade acerca do prezo da xeotermia para unha vivenda unifamiliar, creamos esta sinxela guía.
Hai tres tipos de sistemas de captación: vertical pechada, vertical aberta e horizontal pechada.
Das tres opcións, a captación vertical pechada é con diferenza a máis habitual, malia implicar tamén un maior custo.
O custo da captación está condicionado por diferentes factores, como a zona na que se realiza a instalación e o tipo de terreo. Non obstante, de media o prezo de perforación está en torno aos 40€ por metro lineal. Neste prezo están incluídas as sondas de captación.
Tamaño da vivenda: 100m2
- Potencia bomba de calor: 5kW
- Metros de perforación: 1 pozo x 75m
- Prezo: 3.300€
Tamaño da vivenda: 150m2
- Potencia bomba de calor: 7,5kW
- Metros de perforación: 1 pozo x 110m
- Prezo: 4.750€
Tamaño da vivenda: 200m2
- Potencia bomba de calor: 10Kw
- Metros de perforación: 1 pozo x 150m
- Prezo: 6.300€
Tamaño da vivenda: 250m2
- Potencia bomba de calor: 12,5Kw
- Metros de perforación: 2 pozos x 90m
- Prezo: 7.740€
Tamaño da vivenda: 300m2
- Potencia bomba de calor: 15Kw
- Metros de perforación: 2 pozos x 115m
- Prezo: 9.660€
*Datos orientativos tomando como referencia unha vivenda nova e un terreo cunha capacidade de extracción térmica en torno a 50/60W por metro lineal e un COP da bomba de calor de 5.
Para executar un sistema de captación xeotérmico é necesario contar cun permiso do organismo competente en cada Comunidade Autónoma.
Cada solicitude de permiso require dun proxecto único.
O custo da redacción, presentación e taxas do proxecto para unha vivenda unifamiliar pode variar entre 400€ y 600€.
A bomba de calor é o principal compoñente dunha instalación xeotérmica e normalmente o de maior custo.
Os prezos dunha bomba de calor dependen fundamentalmente da marca, a potencia e as prestacións.
Un dos factores que máis incide no prezo da bomba de calor é o tamaño da vivenda, xa que xunto coa zona climática, determina a potencia necesaria da bomba de calor.
Tamaño da vivenda: 100 m2
- Potencia bomba de calor: 5kW
- Prezo: 6.000€ – 9.000€
Tamaño da vivenda: 150 m2
- Potencia bomba: 7,5 kW
- Prezo: 8.000€ – 12.000€
Tamaño da vivenda: 200 m2
- Potencia bomba de calor: 10Kw
- Prezo: 8.000€ – 12.000€
Tamaño da vivenda: 250m2
- Potencia bomba de calor: 12,5Kw
- Prezo: 10.000€ – 18.000€
Tamaño da vivenda: 300m2
- Potencia bomba de calor: 15Kw
- Prezo: 10.000€ – 18.000€
Nunha instalación xeotérmica, ademais da captación e a bomba de calor, existen unha serie de compoñentes necesarios.
Un deles é o acumulador de AQS, que é un elemento imprescindible en calquera vivenda. O prezo dun acumulador de AQS depende fundamentalmente do volume de acumulación,así como o tipo de acumulador e os materiais empregados.
Para determinar o volume de acumulación de AQS nunha vivenda calculamos unhas necesidades de entre 40-50 litros por persoa.
Prezo do acumulador de AQS en función do número de persoas e do modelo
Número de persoas ata 4
- Volumen ACS: 200l
- Prezo: 1.150€
Número de persoas 5-10
- Volumen ACS: 300l
- Prezo: 1.450€
Número de persoas 10-20
- Volumen ACS: 500l
- Prezo: 1.850€
Número de persoas máis de 20
- Volumen ACS: 700l
- Prezo: 2.500€
As instalacións de xeotermia, ademais dun acumulador de AQS, habitualmente contan cun acumulador de inercia.
O uso deste tipo de acumuladores serve para optimizar o funcionamento do compresor da bomba de calor, xa que reduce o número de arrancadas e paradas. Isto incide no consumo e, sobre todo, na vida útil da bomba de calor.
Potencia 5Kw
- Bomba de calor con compresor inverter: 100l
- Prezo: 650€
- Bomba de calor con compresor on-off: 200l
- Prezo: 780€
Potencia 7,5Kw
- Bomba de calor con compresor inverter: 100l
- Prezo: 650€
- Bomba de calor con compresor on-off: 200l
- Prezo: 1.150€
Potencia 10Kw
- Bomba de calor con compresor inverter: 100l
- Prezo: 650€
- Bomba de calor con compresor on-off: 200l
- Prezo: 1.485€
Potencia 12,5Kw
- Bomba de calor con compresor inverter: 100l
- Prezo: 780€
- Bomba de calor con compresor on-off: 200l
- Prezo: 1.485€
Potencia 15Kw
- Bomba de calor con compresor inverter: 100l
- Prezo: 780€
- Bomba de calor con compresor on-off: 200l
- Prezo: 2.165€
Normalmente os traballos de instalación para unha vivenda unifamiliar de tamaño medio requiren de 2 profesionais durante uns 6-7 días (incluída a captación)
Isto suporía un custo aproximado de entre 2.000€ e 2.500€.
Coñece as subvencións que actualmente están en vigor no noso país para a instalación de xeotermia:
- Axudas para o autoconsumo, almacenamento e sistemas térmicos con enerxías renovables ( RD 477/2021)
Estas axudas aprobadas polo goberno en xuño do 2021 subvencionan a instalación de xeotermia para climatización e/ou auga quente sanitaria en vivendas.
A contía subvencionable en instalacións xeotérmicas de circuíto pechado é de 2.250€/ Kw instalado ata un máximo por vivenda de 13.500€ .
Estas axudas estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2023, pero como vén sucedendo nas últimas convocatorias, as subvencións son de concorrencia non competitiva, é dicir, tramitaranse por orde de entrada no rexistro e ata o esgotamento do crédito, por tanto, é importante presentar a subvención canto antes.
As datas de inicio para presentar as solicitudes varían dependendo das comunidades autónomas.
Estas son as comunidades autónomas que xa publicaron as súas datas:
- Rexión de Murcia: 3 de novembro 2021
- Comunidade de Andalucía: 2 de decembro 2021.
- Comunidade de Castela e León: 17 xaneiro 2021
- Comunidade Generalitat Valenciana: 29 de outubro do 2021.
- País Vasco: 11 de novembro 2021.
- Comunidad de Galicia: 15 de decembro 2021
- Baleares: 20 de setembro 2021.
- Comunidade de Madrid: 16 de novembro 2021.
- Comunidade de Canarias: 29 de outubro 2021.
- Aragón: 13 de decembro 2021.
- Cataluña: 2 de decembro 2021.
- Principado de Asturias: 2 de xaneiro 2022.
- Castilla la Mancha: 22 de decembro 2021.
- Navarra: 10 de novembro 2021.
- Extremadura: 26 de xaneiro 2022.
Ademais destas subvencións coas que verás reducido considerablemente o teu investimento inicial, debes saber que existen importantes deducións fiscais e bonificacións do IBI (ata un50% dependendo do concello no que nos atopemos).
Desde Energanova informarémosche de todas estas axudas e se o desexas tramitarémolas por ti de maneira gratuíta.
Queres calcular ti mesmo o prezo da xeotermia para a túa vivenda?
Desenvolvemos a primeira calculadora que che permite estimar o investimento e o aforro do teu proxecto.